GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia acolle a máis de 700 refuxiados das últimas ondas

(31/07/2018)

Galicia acolle a máis de 700 refuxiados das últimas ondas



    Dos rescatados polo 'Aquarius' só hai dez // A Xunta tutela a algo máis de 200







O Correo Galego

ISABEL CASILDA



Miles de persoas tratan cada ano de chegar a Europa en busca dun futuro mellor, foxen da fame e dos conflitos que reinan nos seus países de orixe, namentres, Galicia ábrelles as súas portas. O territorio galego converteuse nun espazo de acollida para uns 712 migrantes.

A crise migratoria agudizouse tras o estalido do conflito sirio en marzo de 2011, o que xerou o compromiso dos estados membros da Unión Europea para acoller a 160.000 refuxiados.

No caso de España, soamente acolleu ao 16% das máis de 17.000 persoas ás que se comprometeu. A Xunta, como resposta ante a onda de chegada de refuxiados a Europa, puxo a disposición do goberno central 300 prazas de residencias de titularidade pública para facer fronte ás acollidas de migrantes con carácter temporal, unha oferta que estivo apoiada polos concellos galegos.

Segundo os datos procedentes do Ministerio do Interior correspondentes ao mes de abril, o noso país recibiu 2.792 persoas, 1.359 procedentes de Italia e Grecia foron recolocadas, e os 1.433 restantes foron reasentadas, 440 proveñen de Turquía e do Líbano 993 persoas. Do cómputo total, uns 212 refuxiados chegaron a Galicia dentro do Plan Europeo de Reasentamientos e Recolocacións entre o 2016 e a actualidade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas