GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta aumenta un 50% en seis anos as subvencións aos galegos no exterior

(23/07/2018)

A Xunta aumenta un 50% en seis anos as subvencións aos galegos no exterior

O importe para axudas á diáspora pasa dos 3,7 millóns de 2012 aos 5,6 consignados en 2018 -Máis de 900.000 euros destínanse aos galegos que viven en Venezuela

23.07.2018 | Faro de Vigo

 

Emigrantes galegos en Arxentina, á súa chegada ao aeroporto de Alvedro. // Carlos Pardellas

 

 

 

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emigración, elevou un 50% as axudas aos galegos no exterior, ata colocalas en niveis dos primeiros anos da crise. Se en 2009, o importe que dedicaba superaba os 5,3 millóns, para 2018 a cantidade prevista alcanzará os 5,6. Pola contra, entre 2009 e 2012, as subvencións esborralláronse un 30% ata os 3,7 millóns. Desde entón, a partida creceu un 50% ata os 5,6 que consignaron para este exercicio.

 

O Executivo autonómico articula as súas subvencións aos galegos no exterior a través de varias liñas de actuación. A máis importante son as axudas económicas individuais. É a partida máis cuantiosa, case a metade do orzamento total: 2,6 millóns. En 2018 creceu un 20%, sobre todo para atender as dificultades dos galegos que viven en Venezuela, aos que se destinan 900.000 euros.

 

O prazo para solicitar estas subvencións finalizaba o pasado 15 de maio, pero a Xunta ampliouno ata o 6 de xuño para que tivesen máis tempo para reunir a documentación necesaria para presentar a solicitude. As subvencións neste apartado oscilan entre os 150 e os 900 euros.

 

As axudas económicas individuais son as máis relevantes no aspecto económico e tamén no social. En total, o pasado ano concedéronse 7.800 axudas deste tipo a persoas que estaban en situación de alta precariedade en países con escasa ou nula protección social ou sanitaria.

 

A convocatoria realízase en réxime de concorrencia non competitiva. Está dirixida aos emigrantes de orixe galega e a determinados familiares residentes no estranxeiro, que acrediten atoparse en situación de alta precariedade económica.

 

O grao de dependencia, a gravidade das enfermidades e os seus tratamentos, os ingresos económicos e a idade da persoa solicitante, así como as cargas familiares son os criterios básicos de valoración.

 

A convocatoria abarca sete tipos de axuda: unidade familiar en situación de precariedade; situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante; situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar; invalidez ou enfermidade permanente; cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado; mulleres que sufran violencia de xénero e evitar o desemprego na unidade económica familiar.

 

As segundas axudas en relevancia económica están destinadas para as institucións galegas sen fins de lucro radicadas no exterior. Para este exercicio disporán de 1.575.000 euros, a mesma cifra que un ano antes.

 

Un millón será para gastos de funcionamento e proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos fins formativos, culturais, sociais, de mocidade e informativos das comunidades galegas. Tamén se manteñen os 575.000 euros para axudas á conservación, obras, equipamentos e infraestrutura das instalacións desas entidades, ou ben para a mellora de dotacións e equipamentos. Na convocatoria deste ano, segundo os datos da Secretaría Xeral de Emigración, máis de 150 entidades galegas no exterior solicitaron as axudas.

 

Por último, a Xunta dedicará case dous millóns de euros a diversos programas que buscan achegar, aínda que sexa de forma temporal, a Galicia aos galegos residentes no exterior. Entre eles destacan Reencontros na casa e Reecontros na terra, orientados a persoas maiores e as súas familias e Conecta con Galicia, Aventúrate Galicia ou Escolas abertas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas