GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de millón e medio de euros para axudar aos emigrantes retornados

(23/07/2018)

Máis de millón e medio de euros para axudar aos emigrantes retornados

 

23.07.2018 | Faro de Vigo 

 

 

O número de galegos que retorna a Galicia non para de aumentar nos últimos anos. En 2016 volveron á comunidade 3.025 persoas máis que as que saíron. Delas, o 80% era menor de 65 anos e o 64% estaba en idade de traballar. O apoio que a Secretaría Xeral de Emigración ofrece aos retornados é de dous tipos. Por unha banda, atención e asesoramento tanto no exterior como en Galicia e, por outra, económica.

 

Esta última articúlase a través de tres grandes liñas de actuación. A primeira son as Bolsas Excelencia Mocidade que teñen un orzamento de 850.000 euros. Foi a medida estrela do pasado ano coa que se pretende atraer a mozos galegos que viven no estranxeiro para que finalicen a súa formación na comunidade, traballen en Galicia e fixar definitivamente a súa residencia no territorio galego.

 

Ademais das Bolsas Excelencia Mocidade, a segunda subvención da Xunta para os retornados son as Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas. Están destinadas a facer fronte a aquelas causas sobrevindas derivadas do retorno e que requiren dunha atención social perentoria.

 

Para esta liña destínanse este ano 550.000 euros, un 175% máis que hai un ano, sobre todo para dar resposta á gran afluencia de galegos procedentes de Venezuela que volven a Galicia.

 

E por último, 200.000 euros están dedicados ao fomento do retorno de emprendedores a través das axudas de autoemprego e creación de empresas por parte de emigrantes retornados. Desde que se puxo en marcha en 2013, esta medida impulsou a apertura de case 90 negocios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas