GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social alcanza os 2.026.559 afiliados estranxeiros en xuño

(20/07/2018)

A Seguridade Social alcanza os 2.026.559 afiliados estranxeiros en xuño



Martes 17 de xullo de 2018


Ministerio/arquivo


A cifra de traballadores de orixe estranxeira afiliados á Seguridade Social aumentou en xuño ata 2.026.559 persoas. Neste mes a ocupación ascendeu nun 1,12%, o que supón 22.497 traballadores máis. Trátase do mellor dato nun mes de xuño desde 2007 (35.330).

​Respecto ao ano pasado, o número de afiliados estranxeiros aumenta un 8,06%, 151.146 persoas ocupadas máis que en 2017. Trátase do maior aumento nun mes de xuño desde 2006 (29,44%), data que coincidiu co proceso de regularización de estranxeiros.

Do total de traballadores foráneos que cotizan no Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Rumania (353.553), Marrocos (255.656), Italia (115.183), China (103.274), Ecuador (73.775). Séguenlles os que proveñen de Reino Unido (68.791), Colombia (63.368), Bulgaria (63.026) e Bolivia (51.103).

Comunidades Autónomas

En termos mensuais, a afiliación de traballadores estranxeiros en maio ascende en todas as Comunidades Autónomas, excepto en Andalucía (-23.442), Región de Murcia (-3.182)) e as Cidades Autónoma de Ceuta (-1) e Melilla (-16). Os incrementos máis destacados rexístranse en Cataluña (15.688), Baleares (8.787), Castela-A Mancha (6.689) Aragón (6.672) e a Comunidad de Madrid (4.541).

No último ano, crece o número de traballadores doutros países afiliados ao sistema español en todas as CCAA.

No balance xeral de xuño, do total de traballadores de orixe foránea, 1.174.953 proceden de países de fóra da UE e o resto (851.606) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos ocupados estranxeiros está encadrado no Réxime Xeral: 1.697.734 (concretamente este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 235.961 ocupados, e o de Fogar, con 179.512); séguelle o de Autónomos, con 323.848 persoas; o Réxime Especial do Mar, 4.864 e o Carbón, 113.

Da cifra total de ocupados en abril, 1.131.671 son homes e 894.888, mulleres. Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas