GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda salienta na UNED as estratexias de emigración e retorno como ferramentas clave para incrementar o regreso de galegos en idade laboral, que aumentaron en máis dun 87 % desde 2009, ata alcanzar as 3.867 persoas

(20/07/2018)

Miranda salienta na UNED as estratexias de emigración e retorno como ferramentas clave para incrementar o regreso de galegos en idade laboral, que aumentaron en máis dun 87 % desde 2009, ata alcanzar as 3.867 persoas

 

O secretario xeral da Emigración impartiu a conferencia “Desde la emigración al retorno. Situación actual en Galicia” dentro do curso “Migraciones en el siglo XXI: una visión socioeconómica internacional”

 

O número de galegos nacidos en Galicia de entre 16 e 64 anos que residen no estranxeiro reduciuse en 24.704 persoas, máis dun 31 %, nos últimos oito anos, baixando de 78.146 a 53.442

 

A continuación, o responsable autonómico participou nunha mesa redonda sobre “Eficacia y retos de los programas de retorno: el papel de las Comunidades Autónomas”

 

Miranda salienta na UNED as estratexias de emigración e retorno como ferramentas clave para incrementar o regreso de galegos en idade laboral, que aumentaron en máis dun 87 % desde 2009, ata alcanzar as 3.867 persoas

Miranda salienta na UNED as estratexias de emigración e retorno como ferramentas clave para incrementar o regreso de galegos en idade laboral, que aumentaron en máis dun 87 % desde 2009, ata alcanzar as 3.867 persoas

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018.

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou directamente ás estratexias de emigración e retorno da Xunta de Galicia como dúas das ferramentas clave para fomentar o regreso de galegos en idade laboral, que nos últimos oito anos se incrementou en máis dun 87 %. A cifra de galegos de entre 16 e 64 anos, tanto emigrantes como de segundas e terceiras xeracións, que decidiron voltar á súa terra de orixe pasou neste período dos 2.066 de 2009 aos 3.867 de 2017. Tamén os datos de emigración arroupan esta tendencia, xa que o número de galegos nacidos en Galicia en idade laboral reduciuse máis dun 31 %, en 24.704 persoas, desde 2009 ata hoxe, baixando de 78.146 a 53.442.

 

O responsable autonómico aproveitou a conferencia que impartiu esta tarde no centro asociado da UNED en Pontevedra, titulada “Desde la emigración al retorno. Situación actual en Galicia” dentro do curso “Migraciones en el siglo XXI: una visión socioeconómica internacional” para poñer de releve a estreita relación que existe entre as actuacións encamiñadas a manter e reforzar os vínculos dos galegos do exterior coa súa terra e os datos de retorno.

 

“É fundamental que as Administracións públicas destinen recursos aos cidadáns residentes no exterior a través de axudas tanto ás súas actividades cotiás como ás que revisten un carácter extraordinario, porque son estes lazos os que máis tarde poden servir de invitación para o seu regreso”, sinalou Miranda. “Por iso é responsabilidade do Goberno galego facer partícipes aos galegos do exterior da melloría económica que está a experimentar a Galicia territorial, e tamén é o xeito de aproveitar a grande oportunidade que supón de cara a superar o seu complexo reto demográfico”.

 

Máis de 260 millóns para 155 medidas integrais

 

O secretario xeral da Emigración expuxo as liñas de actuación do departamento da Xunta de Galicia tanto de cara aos galegos que aínda residen no exterior como daqueles que se están plantexando a volta, ou mesmo que xa a levaron a cabo, artelladas en torno a dous documentos: a Estratexia Emigración 2020 e a Estratexia Retorna 2020, ambas aprobadas recentemente polo Consello da Xunta.

 

As 155 medidas deseñadas de xeito transversal polo Goberno galego (102 relativas á emigración e 53 ao retorno) contan cun orzamento total de máis de 260 millóns de euros e obxectivos claros: o benestar dos galegos do exterior, a potenciación das entidades galegas fóra das nosas fronteiras, o reforzo dos vínculos dos galegos do exterior con Galicia e, como consecuencia destas actuacións, o retorno de máis de 20.000 ata o ano 2020, dos que o 60% se pretende que sexan menores de 45 anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas