GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración apoia a retornados procedentes de Alemaña

(19/07/2018)

Emigración apoia a retornados procedentes de Alemaña

O secretario provincial mantivo encontros con este colectivo en Xinzo e Celanova - O próximo será no Carballiño

 
 

19.07.2018 | Faro de Vigo

 

 

Reunión en Celanova cos emigrantes retornados. // FdV

 

 

 

O secretario provincial de Emigración, Luís Gulín, realizou uns encontros informativos cos emigrantes retornados de Alemaña en Xinzo de Limia e Celanova, acompañado por Elvira Lama, deputada provincial e portavoz socialista en Xinzo, e por Aida Rodríguez, secretaria de organización dos socialistas de Celanova, María Jesús Miranda, secretaria provincial de Industria e Comercio, e Isabel Gil, deputada provincial e portavoz socialista no Concello de Ramirás.

 

 

Ao redor de 40 persoas asistiron ás reunións onde o secretario provincial informou as novidades tributarias para 2018 no sistema español, o novo imposto do 5 por cento que aplica Alemaña ás pensións que se cobran por primeira vez desde xaneiro de 2015 e os casos, circunstancias e trámites a realizar ante as autoridades dese país para solicitar as prestacións económicas de axuda á dependencia.

 

 

Desde xaneiro de 2015 en aplicación do novo convenio hispano alemán do ano 2012, Alemaña reclama un 5 por cento da pensión, que será un10 a partir de 2030, para as pensións que se cobren por primeira vez. Pero posteriormente os afectados teñen que facer unha declaración complementaria ante a Facenda española para evitar a dobre imposición internacional.

 

 

Nestes encontros os emigrantes retornados demandaron a Gulín a derrogación da figura tributaria dos dous pagadores que prexudica non só ao colectivo dos retornados senón ás clases máis desfavorecidas da sociedade que teñen que subsistir con traballos temporais e múltiples contratos, sendo penalizados co pago de IRPF en comparación cos que teñen un só pagador. Gulín comprometeuse a trasladar a petición aos parlamentarios provinciais das Cortes. O próximo encontro será no Carballiño o día 30.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas