GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes terán dereito a sanidade nas mesmas condicións que os españois

(18/07/2018)

Os inmigrantes terán dereito a sanidade nas mesmas condicións que os españois


La Vanguardia. 17/07/2018

 

Madrid, 17 jul (EFE).- Os inmigrantes en situación irregular terán dereito á asistencia sanitaria nas mesmas condicións que os españois sen ter que xustificar a súa residencia en España, se os servizos sociais constatan que o seu país non pode abonar esta cobertura, o que, segundo a ministra Carmen Montón, constitúe un "gran cambio". 

Montón deféndeo a partir do borrador de decreto lei, ao que tivo acceso Efe, que o Ministerio de Sanidade remitiu a semana pasada ás comunidades, polo que se garante o dereito ao acceso á saúde a todas as persoas.

Unha normativa, aplaudida polas asociacións defensoras da sanidade pública, por Podemos e Cidadáns, coa que se recupera formalmente a sanidade universal, sen a necesidade de ser titular do cartón da Seguridade Social -algo que en España só se podía conseguir cun contrato de traballo-, nin de estar empadroado.

É dicir, tamén se benefician do novo decreto os españois que nunca cotizasen á Seguridade Social, dado que se desvincula a situación laboral do dereito á cobertura sanitaria.

Terán cobertura sanitaria as persoas que se atopan en situación regular, que son a maioría, e as procedentes de países que non poidan sufragar esta asistencia ou as que non conten cun terceiro, por exemplo un seguro médico ou convenio.

No caso dos inmigrantes que residen en España de maneira regular, serán tamén as autonomías as encargadas de fixar os requisitos e a documentación que deben achegar estas persoas para obter cobertura sanitaria.

Cando se trata de inmigrantes irregulares o borrador exclúe a obrigación de acreditar o período mínimo de empadroamento de 90 días que nun primeiro momento prevía o citado decreto, e serán os servizos sociais das comunidades os que concedan, a través dun informe favorable, o dereito á asistencia.

Con esta normativa, Sanidade reverte a orde de 2012 do Executivo de Mariano Rajoy que privou de asistencia médica gratuíta aos estranxeiros sen permiso de residencia, aínda que a maioría das comunidades articularon os seus propios sistemas para prestala e "foronno salvando como puideron", segundo Montón.

 

Pero ademais, a ministra subliñou que esta "sanidade universal" non vai ter un impacto económico ou sobrecusto para o sistema sanitario, xa que é "moito máis gravoso" atender en urxencias que en atención primaria.

Isto é "un paso adiante" para os defensores da sanidade pública, que a consideraron unha "mellora substancial".

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (Fadsp) cre que o custo desta medida "é moi pequeno", porque a poboación en situación irregular diminuíu durante a crise e acode pouco ao sistema sanitario.

Para a deputada de Unidos Podemos Amparo Botejara, o contido do decreto é "importantísimo" e "moi positivo", xa que supón un "primeiro paso" para que toda a poboación teña unha "sanidade pública desprivatizada".

Desde Cidadáns tamén consideran positivo o acceso de toda a poboación á asistencia sanitaria, aínda que o portavoz de Sanidade da formación laranxa, Francisco Igea, matizou que non supón "un gran cambio real" senón un anuncio banal porque 17 comunidades autónomas xa están a atender aos inmigrantes.

Igea advertiu de que o que lle preocupa a Cidadáns é que todas as comunidades autónomas teñan as mesmas prestacións sanitarias. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas