GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Caballero propón a Provivienda un acordo coa Femp para acoller refuxiados

(13/07/2018)

Caballero propón a Provivienda un acordo coa Femp para acoller refuxiados

Avanza que o Concello colaborará coa entidade na integración en Vigo de oito mozos do "Aquarius" se reciben o status de "acollidos"

 
 

13.07.2018 | Faro de Vigo

 

Abel Caballero, onte, con representantes de Provivienda. // R. Grobas

 

 

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), Abel Caballero, mantivo onte unha primeira toma de contacto coa Asociación Provivienda. Esta entidade estatal sen ánimo de lucro, que leva un ano e medio traballando para Galicia desde Vigo, conta con 40 prazas para o acollemento de refuxiados. Todas ocupadas e 8 delas, por mozos do Aquarius.

 

O alcalde destacou o "gran labor" que está a desenvolver a asociación neste ámbito e emprazouna a estudar e aprobar un convenio coa Femp para colaborar no acollemento en toda España, como ta fíxose con Cruz Vermella, Accem e a Comisión Española do Refuxiado.

 

Os oito refuxiados do Aquarius que chegaron hai dúas semanas "fan a súa vida en Vigo con absoluta normalidade", informou o alcalde. Ana Pardo e Amaya Renes, de Provivienda, explican que o proceso que se está seguindo con eles é como co resto: xerar espazos de confianza con profesionais, clases de castelán, ver as súas necesidades sanitarias e administrativas, acompañamento...

 

Pero o campo no que traballa a asociación é moito máis amplo. Ademais do programa de protección internacional, conta con outro que traballa con colectivos vulnerables para garantir o acceso e o mantemento dunha vivenda digna. Teñen "moita demanda", con numerosas derivacións de servizos sociais, pero tamén traballadores que non poden facer fronte aos avais e fianzas que pide o mercado.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas