GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta aproba "Estratexia Emigración 2020"

(13/07/2018)

A Xunta aproba "Estratexia Emigración 2020"

 

La Estrategia Emigración 2020 refuerza los vínculos con los gallegos del exterior para transformar la responsabilidad de Galicia en una oportunidad de retorno.

A Estratexia Emigración 2020 reforza os vínculos cos galegos do exterior para transformar a responsabilidade de Galicia nunha oportunidade de retorno.



A REXIÓN INTERNACIONAL 13/07/2018

 

A Xunta de Galicia acaba de aprobar a "Estratexia Emigración 2020", elaborada pola Secretaría Xeral da Emigración e integrada por 102 medidas que, xunto á Estratexia Retorna 2020, marcan a actuación integral do Goberno galego para o próximos tres anos. O obxectivo deste documento é transformar a responsabilidade que Galicia ten cos galegos do exterior nunha oportunidade de regreso á comunidade. A principal ferramenta coa que conta o Goberno galego para alcanzar este fin, que pode xogar un papel crave para superar o reto demográfico de Galicia, son os propios vínculos que tanto os emigrantes galegos como os seus descendentes manteñen desde hai décadas coa súa terra de orixe.

Reforzar esta relación con máis de medio millón de galegos que viven no estranxeiro, unha cifra que crece cada día a pesar da diminución do número de emigrantes grazas aos seus descendentes, e que xa supón hoxe que un de cada seis galegos vive fóra das nosas fronteiras, é fundamental para colocar Galicia nun lugar privilexiado á hora de incrementar as cifras de retorno. Así o demostran os datos de 2017, que reflicten un aumento do saldo migratorio, que se multiplicou por 2,2 en apenas un ano.

A Estratexia Emigración 2020 conta cun orzamento de máis de 26 millóns de euros que se destinarán, entre outros fins, a reforzar as axudas para cubrir as necesidades básicas dos galegos do exterior, especialmente aqueles que residen en países que atravesan situacións de inestabilidade social, principalmente en América, e a afianzar os vínculos con todos eles, poñendo o foco nos mozos, que son o mellor vehículo tanto para a proxección exterior de Galicia como para fomentar o retorno, principal ferramenta para superar o reto demográfico da comunidade.

A mocidade e as entidades, claves para a Galicia exterior

Gran parte deste labor recaerá, como vén sendo desde hai décadas, nas entidades, cuxa relevancia ratifica o documento como principais ferramentas de divulgación e execución dos programas tanto sociais como culturais da Xunta no exterior. Potencialas coa súa actualización tecnolóxica, a través das TIC, e social, reforzando o papel da mocidade nos seus órganos decisorios é outro dos obxectivos deste plan.

Recoñecer o labor das entidades, así como o das persoas vinculadas coa Galicia exterior, será precisamente a finalidade das distincións que previu crear a Xunta de Galicia nos próximos anos, e que pretende poñer en valor o traballo en prol da galeguidade fóra das nosas fronteiras.

A protección do patrimonio cultural tamén ocupa un lugar destacado entre as prioridades da estratexia coordinada pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración doutros departamentos do Goberno galego, a través tanto da creación de ferramentas máis eficaces de protección do patrimonio cultural exterior como de divulgación da Galicia territorial, entre os que destaca especialmente a lingua. Crearase, así, un centro de referencia da emigración e executarase o Plan director para a protección do patrimonio das comunidades galegas no exterior.

Incrementar as axudas individuais para galegos do exterior que residen en países que están a atravesar unha situación de inestabilidade política e social, non só ampliando as contías, senón tamén o seu ámbito de alcance, coa inclusión dos medicamentos; facilitar aos galegos do exterior a tramitación desde os países de orixe do Cartón Galicia Saúde Exterior, e o acceso ao recoñecemento de familia numerosa para que poidan gozar dos seus beneficios nas súas estadías temporais en España son algunhas das medidas concretas deseñadas para lograr estes obxectivos. A Xunta de Galicia intensificará, así mesmo, a colaboración coas entidades galegas no exterior que prestan servizo aos nosos maiores, como os centros de día e as residencias de anciáns.

E prestará, por suposto, unha atención especial á mocidade exterior, coa que colaborará para preparar a remuda das entidades galegas no estranxeiro e á cal dedicará moitos dos seus esforzos por manter vivos e mesmo reforzar os seus vínculos con Galicia a través dos programas Conecta con Galicia, Aventúrate, campus deportivos e campos de traballo. Con este mesmo obxectivo crearase o Cartón Mocidade Exterior, que lles permitirá beneficiarse das vantaxes de ser mozo e de ser galego. O Goberno galego busca fomentar, ademais, a presenza e o peso das mulleres tanto nas bases como nos órganos directivos das entidades galegas no exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas