GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cifra récord de emigrantes retornados

(11/07/2018)

Cifra récord de emigrantes retornados

 

   Máis da terceira parte das 6.000 persoas que regresaron a Galicia procedían de Venezuela

 

.Adriana Asorey obtuvo una ayuda de Emigración para montar su tienda en Santiago

Adriana Asorey obtivo unha axuda de Emigración para montar a súa tenda en Santiago

 


santiago / la voz 11/07/2018



O pasado ano, 6.202 galegos que residían no estranxeiro decidiron retornar a casa. Así o reflicten os datos presentados este martes polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante unha visita en Santiago ao negocio dunha emigrante retornada, Adriana Asorey. Esta cifra supón un incremento do 21 % con respecto ao 2016 e representa un récord de retornos dentro dunha tendencia á alza que se traduce nunha escalada do 90 % no número de retornados desde o 2009. Máis da metade deses emigrantes que regresaron durante o 2017 eran menores de 45 anos e algo máis da terceira parte (2.163) procedían de Venezuela.

De Bélxica chegou hai dous anos Adriana Asorey, unha compostelá que estudou Económicas e que retornou á súa cidade, Santiago, para poñer en marcha o seu proxecto persoal. Trátase do comercio especializado en roupa e decoración infantil Le Petit Coin (o pequeno recuncho). Á entrada do establecemento, unha frase optimista dá a benvida aos clientes: «Todo gran soño comeza cun soñador». Dentro recibe Adriana, dona e creadora da boutique, que se atopa na Rúa Nova. No 2016, esta santiaguesa de 32 anos decidiu que era o momento de regresar á súa terra, despois de pasar máis dun lustro traballando en Bruxelas. Así, con moito esforzo previo e moita ilusión, puido ver o seu soño feito realidade a finais dese mesmo ano.

Adriana quixo apostar por algo diferente: ofrecer produtos infantís dando prioridade a novos creadores do país, todo iso envolto dunha estética que lembra as boutiques francesas. En menos de dous anos, Adriana xa se fixo cunha clientela autóctona, á que se suma un importante volume de negocio da venda on-line. «Cada vez gustan máis as marcas españolas e galegas, das que destacaría a calidade dos tecidos», confirma. Así, á parte do territorio nacional, os seus produtos gustan moito en Francia, Países Baixos e, curiosamente, tamén no seu país de acollida, Bélxica. Por suposto, soñar é gratis, pero Le Petit Coin puido materializarse finalmente coa concesión dunha das axudas ao retornado emprendedor, que Adriana solicitara.

Estratexia autonómica

Esta axuda enmárcase na Estratexia Retorna 2020, unha iniciativa que o Consello da Xunta aprobou o pasado mes de abril e coa que a Administración autonómica pretende potenciar o regreso de máis de 20.000 galegos durante os próximos anos. Lembrouno este martes o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, na tenda compostelá. O dato máis relevante do balance de emigrantes retornados é que case un 80 % dos que deciden regresar a Galicia aínda se atopan en idade laboral. A vía do emprendemento albíscase como unha saída profesional para moitos deles. O responsable de Emigración tamén quixo salientar que os emigrantes retornados  «rexuvenecen a demografía e achegan o grande valor da súa experiencia, facendo a nosa sociedade moito máis competitiva».

Volver ou non volver: esa é a eterna cuestión do que unha vez se foi. Aínda que con incentivos deste tipo, retornar a casa e levar a cabo un proxecto pode facerse un pouco máis fácil. Adriana Asorey teno claro: «Animaría a todo o mundo a volver, sobre todo pola calidade de vida».

Na visita ao seu comercio, Antonio Rodríguez Miranda repasou os plans da Xunta para fomentar o retorno con axudas para o acceso á vivenda, á formación e ao mercado de traballo, entre outras. É precisamente no ámbito laboral onde os retornados atopan máis dificultades ao establecerse en Galicia. De aí a aposta pola Estratexia Retorna 2020, con esa liña de axudas para promover a posta en marcha de proxectos empresariais por parte dos retornados.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas