GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo. Tradutores en 51 idiomas para emigrantes na cidade

(10/07/2018)

Tradutores en 51 idiomas para emigrantes na cidade

O Concello ofrece este servizo que consiste nunha chamada a tres -O romanés, o árabe e o urdu son as tres linguas máis demandadas

 

10.07.2018 | Faro de Vigo

 

 

Xaponés, chinés, finés, farsi, suniki, wolof, cantonés, armenio, danés, búlgaro, grego, turco?estes e 39 idiomas máis son os que están incluídos dentro do servizo de tradución da oficina municipal de emigración do Concello.

 

Trátase dunha axuda adicional e pouco habitual que se ofrece na cidade desde o ano pasado, orientada a usuarios e traballadores de diferentes departamentos municipais e para a que o Concello destinou un orzamento de 5.808 euros en 2018.

 

Os tradutores, que pertencen a unha empresa privada, están dispoñibles para os usuarios que o soliciten para todos os servizos e programas do departamento de Política Social, por exemplo nos Centros Municipais de Servizos Sociais (CMSS), os establecementos que xestionan as excursións ás illas Cíes e as oficinas do servizo de emigración, entre outros.

 

O funcionamento deste sistema, que en 2017 contou cun total de 78 usuarios, é sinxelo.

 

Trátase dunha chamada a tres entre o usuario, o funcionario e o tradutor. O solicitante do servizo chama desde o seu teléfono ao tradutor e o profesional axuda a entender e aclarar todos os pasos a seguir ao usuario en base ao que esixe o funcionario en cuestión durante o trámite que se realice.

 

"O obxectivo é tentar eliminar as barreiras linguísticas para que os emigrantes na cidade poidan gozar dun servizo e unha atención de calidade cando o necesiten", segundo fontes municipais. A confidencialidade das persoas que o usan está garantida.

 

A solicitude da documentación para o permiso de residencia, a solicitude de prestacións económicas ou as convalidaciones de estudos son tres dos trámites para os que se reciben máis solicitudes no servizo de tradución da oficina municipal de emigración.

 

"Dos 51 idiomas dispoñibles, os máis demandados sen dúbida son o romanés, o árabe e o urdu", segundo o Concello.

 

Ademais, fontes municipais confirmaron que "polo momento o sistema funciona correctamente, ten continuidade e aparentemente está cuberta a demanda na cidade".

 

A pesar de que o servizo de tradutores ofrécese para idiomas pouco habituais como o bereber, habitual no norte de África, ou o mandinga, un dialecto de África occidental, tamén están dispoñibles outros máis comúns a nivel nacional como o eúscaro, o catalán ou o galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2018
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas