(10/07/2018)
A localidade ourensá de Monterrei honra a Father, “ embaixador da emigración"
A REXIÓN INTERNACIONAL 09/07/2018
O pasado fin de semana celebrábase un pleno extraordinario na Casa Consistorial, que finalizou co descubrimento dunha escultura na súa memoria situada na Praza do Cruceiro na súa localidade natal, A Salgueira.
A música da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acompañou o acto. Seguido dese acto, unha misa solemne na igrexa de Flariz reuniu aos seus familiares, amigos e autoridades, entre os que se atopaban o secretario de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o alcalde do municipio, José Luis Suárez Martínez.
Miranda destacou a importancia deste personaxe para os emigrantes, coñecido como Father na diáspora, e o seu labor durante 46 anos como capelán da colectividade española en Londres. "Este ano foi un pouco máis triste para toda a emigración galega. Estamos tan orgullosos de poder honralo e telo para sempre como embaixador da nosa terra", sinalou o secretario de Emigración durante os actos pola súa memoria.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas