GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UNED de Pontevedra abordará as Migracións no século XXI no seu curso de verán

(06/07/2018)

A UNED de Pontevedra abordará as Migracións no século XXI no seu curso de verán


galiciapress Europa Press | Martes, 3 de xullo de 2018,



O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a directora do Centro Asociado á UNED na cidade, María Troncoso, presentaron os cursos de verán da institución, un dos cales abordará as Migracións no século XXI.

En concreto, trátase de tres propostas formativas "que se axustan aos intereses do alumnado e que contarán coa participación de diferentes personalidades con recoñecido prestixio na materia", segundo comentou María Troncoso.

Así, Pontevedra acollerá a proposta, 'Migracións no século XXI: unha visión socioeconómica internacional', que terá lugar do 18 ao 20 de xullo no centro de Monte Porreiro e estará dirixida polo profesor Víctor Manuel González Sánchez.

Este curso está orientado a calquera persoa interesada no fenómeno migratorio, que será abordado desde unha perspectiva multidisciplinar centrándose nas características da migración nos nosos días.

O curso contará coa participación de Víctor Manuel González Sánchez, profesor do Departamento de Economía Aplicada da UNED; Susana de los Ríos Sastre, profesora do Departamento de Xestión Financeira da Universidade Pontificia Comillas de Madrid; Luicy Pedroza Espinosa, coordinadora do German Institute of Global and Area Studies (GIGA)- Institute of Latin American Studies; Juan Andrés Blanco Rodríguez, director do Centro Asociado á UNED en Zamora; Raúl Gil Benito, cofundador da plataforma Volvemos. org; Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia; e Ildefonso de la Campa Montenegro, exdirector xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

 

JULIO CAMBA

 

O curso sobre as Migracións coincide en datas coa proposta formativa que terá lugar na aula Universitaria de Portas, tamén do 18 ao 20 de xullo. O mundo literario de Julio Camba pretende ser un achegamento exhaustivo á obra do escritor e xornalista arousán.

Curiosamente un destes cursos de verán, titulado 'O lado escuro do comportamento. Como a ciencia aprende dos erros humanos', xa se celebrou o pasado mes de xuño no Centro Penal da Lama, contando coa participación de máis de 185 estudantes.

Ademais, nesta ocasión, case unha vintena de estudantes externos puideron acceder ao cárcere en horario lectivo e convivir e compartir coñecemento e experiencias cos internos. "Foi todo un éxito", dixo a directora do Centro Asociado

CONVENIO

 

O Concello de Pontevedra e a Deputación comprometéronse a realizar unha achega de 9.400 e 5.000 euros, respectivamente, mediante a firma dun convenio de colaboración anual para a celebración dos cursos de verán. O goberno provincial e o Concello de Pontevedra financiarán parte das actividades, tal e como veñen facendo nos últimos anos.

Durante o acto de presentación, o alcalde de Pontevedra quixo destacar esta oportunidade non só formativa, senón turística, que permite dar a coñecer a cidade e a súa contorna "aos diferentes estudantes que nos visitan eses días".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas