GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cepesca propón formar e contratar aos inmigrantes que chegan en patera

(06/07/2018)

Cepesca propón formar e contratar aos inmigrantes que chegan en patera

Desta forma a  Confederación Española de Pesca busca liquidar a falta de persoal cualificado para incorporarse ás tripulacións

 


REDACCIÓN / LA VOZ 05/07/2018

 

 

O sector pesqueiro atópase con grandes obstáculos á hora de atopar persoal cualificado para incorporarse ás tripulacións, especialmente nos postos de mando. Ante este problema a Confederación Española de Pesca (Cepesca) trasladou ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, xa no primeiro encontro que tiveron con el, a posibilidade de ofrecer formación e emprego aos inmigrantes que chegan ás costas españolas e desta forma liquidar a falta de man de obra.

 

O sector comunicou a Planas a preocupación existente ante a «tormenta perfecta» que pode formarse co veto total aos descartes a partir do 1 de xaneiro, a necesidade de alcanzar o rendemento máximo sostible (RMS) antes do 2020 e o brexit, ao que se suman os plans plurianuais do Mediterráneo e de augas occidentais.

 

Isto sitúa ao negocio da pesca nun momento de incerteza socioeconómica, de cara á súa actividade. Por este motivo, Cepesca pide ao ministro que solicite unha maior flexibilidade no cumprimento da obrigación de desembarque.

 

Os acordos de pesca tamén foron tratados na reunión, en especial o convenio entre a UE e Marrocos, que conclúe o próximo 14 de xullo, e o pacto de colaboración que ten a UE para poder pescar nos mares de Guinea Bisáu, imprescindible para as flotas atuneras e marisqueiras.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas