GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ribadeo. Sen resposta á chamada de Suárez para que se cedan pisos para refuxiados

(22/09/2015)

Sen resposta á chamada de Suárez para que se cedan pisos para refuxiados

 

O alcalde emitiu un bando para saber que recursos pode ofrecer Ribadeo

 

RIBADEO / LA VOZ, 22 de setembro de 2015.

 

 
 

De momento non houbo resposta en Ribadeo ao bando que publicou a pasada semana o alcalde, Fernando Suárez, animando aos veciños e entidades de Ribadeo dispostas a acoller a refuxiados sirios a comunicalo nos Servizos Sociais do Concello (no auditorio municipal), para ter unha idea concreta dos recursos que pode ofrecer Ribadeo á Fegamp e ao Ministerio do Interior, máis aló do ofrecemento que no seu día lle fixo o alcalde de ceder instalacións municipais, que poderían pasar pola vivenda comunitaria que na actualidade ten varias prazas vacantes.

 

O certo é que no bando do alcalde déixase no aire o tempo que poderían ocupar os refuxiados as vivendas, probablemente para non dar unha idea equivocada dada a incerteza que rodea a todo o futuro proceso de acollida. No entanto, fontes municipais estiman que o período podería roldar os seis meses. É así porque os refuxiados, unha vez recoñecidos como tales, teñen os mesmos dereitos que calquera persoa nada e empadroada en Galicia, desde a sanidade á educación. En consecuencia, en caso de non dispor de ingresos, desde o Concello poderíanlles reclamar a Risga, a Renda Básica de Integración Social de Galicia, cuxa tramitación podería roldar os seis meses e cuxo importe podería empregarse para alugar unha vivenda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas