GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 40% das persoas sen fogar en España son inmigrantes

(22/09/2015)

O 40% das persoas sen fogar en España son inmigrantes


L.I.

Luns, 21 de setembro do 2015 -

 

  • Máis de 13.600 persoas sen teito foron aloxadas en centros de atención en 2014, segundo o INE.

     

  •  Nos centros de atención sérvense cada día 54.891 servizos de restauración, entre almorzos, comidas e ceas.

 

 
Comedor social

 

Os centros de atención a persoas sen fogar acolleron en 2014 a 13.645 usuarios. No 37,1% dos casos acudiron pola súa situación de inmigrantes. A violencia de xénero (o 18%) motivou outras cuestións para acudir a estes servizos, como a adición ás drogas (17%) e o alcol (16,6%). As persoas sen fogar tamén esgrimiron motivos de saúde mental para acudir a estes servizos no 12,4% dos casos.

 

Estes son algúns dos datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE) na ‘Enquisa sobre centros e servizos de atención ás persoas sen fogar’ referida a 2014, que tamén desvela que o País Vasco, con 2.721 prazas, foi a comunidade autónoma que máis prazas ocupou, seguido de Madrid (1.803) e a cidade de Melilla (1.561). Ceuta, que ocupou 618 prazas tiña unha ocupación media das súas instalacións do 128%, motivado posiblemente pola presión da inmigración, mentres a ocupación media en todo o país foi do 81,8%.

 

O documento reflicte que as prazas de oferta pública aumentaron un 12% respecto de 2012 ata as 7.854, mentres que a privada foi de 8.830 (un 5,3% menos). O 30,5% dos centros eran de titularidade pública, aínda que case 8 de cada 10 recibiron fondos da Administración. Así mesmo, a estatística publica que cada día servíronse 54.891 servizos de restauración. En concreto, 18.998 foron almorzos, 19.025 corresponderon a comidas e 16.868 foron ceas. En cómputos xerais repartiuse un 11,7 máis de servizos que en 2012.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas