GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Monforte prepara un censo de vivendas para albergar refuxiados

(16/09/2015)

Monforte prepara un censo de vivendas para albergar refuxiados

 

O alcalde debateu a proposta cos portavoces de todos os partidos representados na corporación

 

monforte a voz 16 de setembro de 2015.

 

 
 

O alcalde de Monforte, José Tomé , ten previsto manter unha reunión esta tarde con representantes provinciais da Cruz Vermella para abordar a situación dos refuxiados que buscan asilo en Europa polos conflitos bélicos nos seus países de orixe. Esa mesma problemática foi abordada o pasado luns no transcurso da última xunta de portavoces, aínda que non figuraba inicialmente na orde do día. Tomé expuxo aos representantes dos partidos da corporación as medidas que pensa adoptar para dar asilo a persoas que foxen da guerra.

 

Segundo explicou o alcalde, o Concello está á espera de recibir novas indicacións respecto diso por parte da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Os portavoces municipais valoraron a posibilidade de comezar a traballar nun censo de vivendas dsiponibles que se poderían destinar a estes refuxiados.

 

 

 

Ofrecemento previo

 

 

Monforte dirixiuse por escrito á Fegamp a comezos deste mes para trasladarlle a súa disposición a acoller, na medida do posible, aos refuxiados que foxen das guerras de Siria e Iraq. O alcalde instaba neste escrito aos gobernos central e autonómico a liderar unha actuación coordinada para que este tipo de ofrecementos sexan realmente eficaces. Tanto o BNG como Esperta Monforte realizaron chamamentos á solidariedade do Concello coas persoas que buscan asilo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas