GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Nigrán pide que se acolla a refuxiados sirios na residencia de Patos

(16/09/2015)

Nigrán pide que se acolla a refuxiados sirios na residencia de Patos

 

O pleno aprobará a proposta do PSOE e Nigrán Decide

 

 Nigrán, 15 de setembro de 2015.

 

 
 

O Concello de Nigrán informou esta semana mediante escrito a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) da idoneidade  da Residencia de Tempo Libre de Patos-Panxón, dependente da Consellería de Benestar da Xunta de Galicia, para acoller a refuxiados sirios. O Concello en si non dispón de rescursos propios para ofrecer, pero si pensamos que a residencia de Patos é perfecta e gustaríamos moito que Nigrán representase un verdadeiro fogar para todas estas persoas que foxen da guerra, queremos debemos ser solidarios, di o alcalde, Juan González. O goberno socialista de Nigrán coincide así plenamente con Nigrán Decide, partido que precisamente vai presentar unha moción para que o pleno  inste á Xunta de Galicia a que se acollan temporalmente ás persoas que foxen da guerra civil siria na Residencia de Tempo Libre de Patos. Fai falta recordar que este centro permanece pechado durante varios meses ao ano e que xa acolleu refuxiados.

 

    A FEGAMP  enviou unha petición ao Concello explicando que, xunto a Consellería de Benestar, buscaban unha solución coordinada para poder ofrecer recursos a estes refuxiados e por iso pedían colaboración aos municipios. Neste contexto, foi cando o Concello respostou indicando que precisamente o centro dependente da Consellería de Benestar sería o lugar máis acomodado en Nigrán, xa que o Concello desafortunadamente non dispón de ningunha instalación válida para tal fin.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas