GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda e Eduardo Rey inauguran o curso da Universidade de Santiago sobre os procesos de ida e volta nas migracións a Europa e América

(11/09/2015)

Rodríguez Miranda e Eduardo Rey inauguran o curso da Universidade de Santiago sobre os procesos de ida e volta nas migracións a Europa e América

 

 
A sede da Secretaría Xeral da Emigración acolleu a primeira das conferencias, do presidente do ‘Centro Unión Orensana de La Habana’, Roberto Ogando

 

  • De esquerda a dereita: O Sr. Secretario, D. Antonio Rodríguez Miranda, D. Roberto Ogando e D. Eduardo Rey
    De esquerda a dereita: O Sr. Secretario, D. Antonio Rodríguez Miranda, D. Roberto Ogando e D. Eduardo Rey

 

Santiago, 10 de setembro de 2015.

 

Listen to this page using ReadSpeaker

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mailo profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Eduardo Rey, inauguraron hoxe o curso especializado con título “Migracións Europa - América: procesos de ida e volta (séculos XIX e XX)”.

 

A primeira das conferencias incluídas nesta acción formativa especializada foi impartida por Roberto Ogando Zas, presidente do ‘Centro Unión Orensana de La Habana’. Ogando permanece estes días participando en Galicia en actividades de diversas institucións, pois ademais de ofrecer esta conferencia inaugural do curso, ten recibido, na súa condición de presidente do Centro, o premio ‘Celanova, casa dos poetas’ que cada ano outorga a Fundación Curros Enríquez, con sede na devandita localidade ourensá.

 

Na inauguración, que tivo lugar precisamente na sede da Secretaría Xeral da Emigración, Miranda e Rey debullaron a relevancia demográfica, económica e histórica da pegada galega en América, e tamén das vagas de inmigrantes americanos cara Europa. “A historia dunha beira do Atlántico non se entende sen a outra”, afirmou o secretario xeral, “e da mesma maneira debemos contar, e contamos, cos galegos do outro lado para deseñar o futuro de Galicia”.

 

Galicia e Cuba

 

Na conferencia inaugural, Ogando Zas fixo un relatorio sobre a pegada histórica da Galeguidade concretamente en Cuba, e repasou algúns dos feitos máis relevantes no intercambio histórico, cultural, económico, e de poboación entre un lado e outro do Atlántico. O presidente do Centro Unión Orensana de La Habana lembrou asemade a importancia das novas tecnoloxías como plataforma de unidade entre as comunidades galegas no mundo, e como recurso de excepción para o fortalecemento da Galeguidade no século XXI.

 

Arestora, e segundo os últimos datos do INE, máis de 36.000 cidadás e cidadáns galegos residen en Cuba, se ben unicamente 455 naceron na súa provincia de inscrición, o que dá proba da relevancia das segundas e terceiras xeracións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas