GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As entidades locais galegas xa ofreceron máis de 500 prazas para acoller a refuxiados da guerra de Siria

(10/09/2015)

As entidades locais galegas xa ofreceron máis de 500 prazas para acoller a refuxiados da guerra de Siria

 

 

 

As entidades locais galegas están respondendo de xeito espectacular á iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e da Consellería de Benestar da Xunta para coordinar entre a administración autonómica e as administracións locais unha resposta eficaz e rápida ante a gravísima crise humanitaria ocasionada polo conflito en Siria. A Fegamp comprometérase a elaborar unha listaxe conxunta para aunar os recursos dos que dispoñen a comunidade e concellos e deputacións provinciais, co fin de trasladarlle logo ao Goberno central, que é quen ten competencia en materia de Inmigración, esa oferta común de Galicia. En só dous días, dende o luns, 7 de setembro, a Fegamp xa recolleu ofrecementos de 35 concellos e unha Deputación, que suman máis de 500 prazas. Outros moitos concellos xa expresaron á nosa Federación a súa disposición a colaborar, malia que aínda non concretaron o número de prazas que van ofrecer. Hai un terceiro grupo de concellos que estableceron comunicación coa Fegamp, que están pendentes de enviar confirmacións por escrito.

 

O proceso de elaboración da listaxe de concellos e deputacións continúa aberto na nosa Federación. Todos os municipios que queiran poñer a disposición dos refuxiados sirios prazas para acollelos deben contactar connosco no teléfono (981) 555 999 ou a través do enderezo electrónico correo@fegamp.gal.

 

A Fegamp agradece por anticipado esta impresionante mostra de xenerosidade e solidariedade das entidas locais galegas.

 

O venres, 11 de setembro, ás 13,00, terá lugar na Consellería de Benestar e Traballo da Xunta de Galicia un encontro ao que acudirá a titular dese departamento, Beatriz Mato, e o presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, ademais doutros colectivos como ONgs, para ver de coordinar as estratexias de acollida aos refuxiados, despois da conferencia sectorial extraordinaria de Inmigración que tivo lugar o pasado martes, en Madrid, e á que acudíu a conselleira Mato.

 

Xuntamos algúns artigos de prensa que recollen o impacto da iniciativa entre os concellos. 

Descargas: 

Arquivos Tamaño
artigosprensarefuxiadossirios.pdf 1.22 MB

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas