GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Fátima Báñez: "Imos acoller a todos os refuxiados que nos corresponda, porque España é solidaria, responsable e temos capacidade para iso"

(10/09/2015)

  • Fátima Báñez: "Imos acoller a todos os refuxiados que nos corresponda, porque España é solidaria, responsable e temos capacidade para iso"


    CONFERENCIA SECTORIAL INMIGRACION Y EMIGRACION 
    Ver vídeo


    No Consello de Ministros de Xustiza e Interior da UE, que se celebrará o próximo 14 de setembro, determinarase a cifra de refuxiados que pode asumir cada Estado

  • "Ímolo facer con todos e con todas as garantías de integración real, legais, sanitarias e de seguridade"

  • "Hai que atender o urxente e o importante. O urxente é a acollida e o importante é a integración real"

  • "Non" é "unha cuestión de cifras -engadiu a ministra-, senón de persoas. E cada persoa ten unhas circunstancias que temos que ser capaces de atender"


A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, transmitiu hoxe as comunidades autónomas que "imos acoller a todos os refuxiados que se decida dende a Comisión Europea, porque España é solidaria, responsable e temos capacidade para iso". Ímolo facer con todos e con todas as garantías de integración real: legais, sanitarias e de seguridade".

Fátima Báñez pronunciouse deste xeito na VIII Conferencia Sectorial de Inmigración e Emigración que se reuniu hoxe en Madrid para analizar as posibilidades do sistema de acollida a refuxiados no noso país.

A ministra defendeu hoxe na Conferencia Sectorial que a resposta á acollida dos refuxiados sirios "debe ser común, leal, eficaz e ofrecer a esas persoas un futuro digno". "Hai que atender o urxente e o importante. O urxente é a acollida e o importante é a integración real", asegurou.

A titular de Emprego e Seguridade Social continuou agradecendo a súa intervención as numerosas mostras de compromiso e solidariedade que se viñeron sucedendo nestes días por parte das comunidades autónomas, concellos, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), os distintos ministerios, ONGs, asociacións, familias e particulares. "Todos eles quixeron dar un paso adiante para responder ao drama humanitario que se está a vivir e que a ningún nos deixa impasible", engadiu Fátima Báñez.

 

A xuízo da ministra, España unha vez máis "fai mostra do seu espírito solidario e da súa capacidade de resposta ante situacións complexas", ao que engadiu que, aínda que o noso país nunca se enfrontara a unha emerxencia humanitaria destas dimensións, "se leva moitos anos ofrecendo asilo e refuxio, de forma responsable e cotiá, a miles de persoas que, por unhas circunstancias ou outras, tiveron que abandonar o seu país.

INVENTARIO DA CAPACIDADE DE ACOLLIDA

Fátima Báñez afirmou ante os representantes das comunidades autónomas que España debe ser capaz de acoller a un número elevado de solicitantes de protección internacional, "con compromiso e responsabilidade". "Non" é "unha cuestión de cifras -engadiu a ministra-, senón de persoas. E cada persoa ten unhas circunstancias que temos que ser capaces de atender".

Segundo a responsable de Emprego e Seguridade Social, o obxectivo do Goberno é acoller o maior número de refuxiados posibles e coas máximas garantías e atendendo ás circunstancias particulares destas persoas. E para iso, é necesario "facer un inventario da nosa capacidade de acollida e integración, para o cal é vital a colaboración leal de todas as Administracións Públicas e a sociedade española".

Para iso encomendouse ás direccións xerais das CCAA a que canalicen os recursos a través do sistema de coordinación ofrecido pola Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración, xunto coa FEMP.

Fátima Báñez sinalou que o Consello de Ministros de Xustiza e Interior (JAI) da Unión Europea, que se celebrará o próximo 14 de setembro, é o organismo no que se determinará a capacidade de acollida de cada Estado.

A ministra
recordou que, como consecuencia do anterior continxente de refuxiados o proxecto de presupostos da Secretaria Xeral de Inmigración e Emigración para 2016 inclúe xa un aumento dos recursos para programas de acollida a refuxiados xestionado polas ONGs en 53 millóns de euros, un 450% máis respecto ao ano anterior.

Así mesmo redimensionouse a capacidade do sistema de acollida de asilo para adaptalo ás cifras de solicitantes, que se multiplicaron por 5 dende 2012.

MAXIMA COORDINACIÓN POSIBLE

Fátima Báñez pediu na reunión da Conferencia Sectorial a máxima coordinación posible para afrontar un problema migratorio no que "non" se pode actuar só" e no que as comunidades autónomas teñen a competencia directa no ámbito sanitario, educativo e nas políticas activas de emprego.

A ministra tampouco deixou a un lado o papel dos concellos na atención aos refuxiados, "a administración máis próxima que ten que atender as necesidades do día a día" a través dos seus recursos.

"É importante que sumemos esforzos entre todos, que actuemos coordinados para dar unha resposta eficaz, porque teremos maior capacidade de acollida canto mellor nos coordinemos", matizou a ministra, quen tamén resaltou que "esteamos á altura da xenerosidade que están a demostrar os cidadáns españois".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas