GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Espectacular resposta dos concellos á iniciativa da Fegamp e Benestar da Xunta para acoller refuxiados sirios

(09/09/2015)

Espectacular resposta dos concellos á iniciativa da Fegamp e Benestar da Xunta para acoller refuxiados sirios

 

 

 

As entidades locais galegas están respondendo de xeito espectacular á iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e da Consellería de Benestar da Xunta para coordinar entre a administración autonómica e as administracións locais unha resposta eficaz e rápida ante a gravísima crise humanitaria ocasionada polo conflito en Siria. A Fegamp comprometérase a elaborar unha listaxe conxunta para aunar os recursos dos que dispoñen a comunidade e concellos e deputacións provinciais, co fin de trasladarlle logo ao Goberno central, que é quen ten competencia en materia de Inmigración, esa oferta común de Galicia. Nun só día (onte, luns, 7 de setembro), a Fegamp xa recolleu ofrecementos de 12 concellos, que suman 248 prazas. Outros 9 concellos xa expresaron á nosa Federación a súa disposición a colaborar, malia que todavía non concretaron o número de prazas que ofrecen. Hai un terceiro grupo de concellos que estableceron comunicación coa Fegamp, que están pendentes de enviar confirmacións por escrito.

 

O proceso de elaboración da listaxe de concellos e deputacións continúa aberta na nosa Federación. Todos os municipios que queiran poñer a disposición dos refuxiados sirios prazas para acollelos deben contactar connosco no teléfono (981) 555 999 ou a través do enderezo electrónico correo@fegamp.gal.

 

A Fegamp agradece por anticipado esta impresionante mostra de xenerosidade e solidariedade das entidas locais galegas.

 

Xuntamos algúns artigos de prensa que recollen o impacto da iniciativa entre os concellos. 

 

Descargas: 

Arquivos Tamaño
artigosprensarefuxiadossirios.pdf 1.22 MB

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas