GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ferrol abrirá un censo de voluntarios para acoller refuxiados de Siria

(08/09/2015)

Ferrol abrirá un censo de voluntarios para acoller refuxiados de Siria

 

O Concello recibiu máis dunha vintena de ofrecementos de pisos baleiros e espazos compartidos en vivendas 

 

Ferrol, 08 de setembro de 2015.

 

 
 

O Concello de Ferrol abrirá un censo para que poidan inscribirse os veciños que desexen acoller nas súas casas refuxiados procedentes de Siria. O Concello recibiu xa máis dunha vintena de ofrecementos deste tipo, que inclúen pisos baleiros e tamén cuartos ou espazos compartidos noutras vivendas, e quere agora canalizar esta onda de solidariedade.

 

A concelleira de Benestar, Beatriz Sestayo, sinalou que o Concello visitará eses pisos ofertados para que poidan ser tutelados polas administracións e comprobar que reúnen os requisitos que se esixan para a acollida de refuxiados. Sinalou que se falou con Acnur para coñecer as condicións que se esixan. E anunciou que desde hoxe estará a disposición dos interesados na web municipal (www.ferrol.es) un impreso para inscribirse nese censo.

 

Narón ofrécese a colaborar na acollida de refuxiados sirios

 

O Concello porá a disposición 65 prazas en Pedroso e Sedes

 

O Concello de Narón súmase aos municipios galegos que ofrecen prazas de acollida debido á situación de urxencia humanitaria en Siria. O goberno local confirmou esta mañá á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a súa dispoñibilidade para «colaborar coa Administración autonómica na organización e coordinación de recursos» de cara ao plan conxunto que impulsan o ente supramunicipal, a Xunta e o goberno central para ofrecer acubillo ás vítimas a través dos concellos que decidan adherirse.

 

Narón habilitará 65 prazas; 25 delas en dous bungalós do cámping do río Xuvia, na área recreativa de Pedroso, e outras 40 no albergue de Aldea Nova, na parroquia de Sedes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas