GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Fegamp coordina con Benestar da Xunta a acollida dos concellos aos refuxiados da guerra en Siria

(07/09/2015)

A Fegamp coordina con Benestar da Xunta a acollida dos concellos aos refuxiados da guerra en Siria

 

 

 

Ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra en Siria, a Fegamp ven de artellar coa Consellería de Benestar da Xunta de Galicia unha resposta para ordenar e coordinar do mellor xeito posible e máis áxilmente todos os distintos recursos cos que conta a administración autonómica cos que están a ofrecer de forma solidaria e xenerosa as entidades locais de Galicia. Trátase de ofrecerlle ao Goberno, administración competente en materia de refuxiados, un plan conxunto de recursos na comunidade autónoma. De feito, a Fegamp, que pon aos seus técnicos a disposición dos interesados, insta a todos os alcaldes que queiran ofrecer recursos nos seus concellos aos refuxiados sirios a poñerse en contacto dende o próximo luns, 7 de setembro, coa nosa Federación (981 555 999) para elaborar unha listaxe, que logo será trasladada a Benestar da Xunta. Galicia levará o martes, á Conferencia Sectorial de Inmigración, en Madrid, por boca da conselleira de Benestar, Beatriz Mato, ese aspecto da coordinación entre administracións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas