GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Concello de Ferrol súmase aos municipios dispostos a acoller refuxiados sirios

(04/09/2015)

O Concello de Ferrol súmase aos municipios dispostos a acoller refuxiados sirios

 

O PP de Neda insta ao goberno local a colaborar no auxilio das vítimas

 

La Voz Ferrol, 03 de setembro de 2015.

 

O Concello de Ferrol anunciou a súa intención de sumarse aos municipios que se ofreceron a configurar unha rede de acollida para os refuxiados sirios, a cuxo drama puxo imaxe onte a terrible instantánea do pequeno Aylan Kurdi, morto a beiras dunha praia turca.

 

O primeiro edil ferrolán dixo que «ou Concello está disposto a atender e cooperar en todo tipo de necesidades humanitarias que outras Administracións rexeiten».

 

O rexedor local Jorge Suárez indicou que a situación no medio Oriente e África é a que «Europa pretende rexeitar con medidas propias do capitalismo máis cruel, levado adiante por Angela Merkel acompañada por Rajoy».

 

Suárez puxo a disposición o refuxio de Caranza, os servizos sociais municipais e «unha rede de entidades non gobernamentais coas que estamos dispostos a colaborar para artellar unha solución conxunta, con disposición e capacidade de facelo».

 

Por outra banda, o Partido Popular de Neda instou ao goberno nedense a elaborar de forma urxente un plan para prestar axuda e colaboración aos refuxiados. Os populares propoñen ao Concello que tramite ante o Ministerio de Asunto Exteriores e de Cooperación e da Xunta de Galicia o ofrecemento municipal a «acoller toda clase de refuxiados» para os que porían a disposición «edificios públicos e vivendas baleiras».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas