GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coruña súmase á rede de cidades acolledoras de refuxiados

(04/09/2015)

A Coruña súmase á rede de cidades acolledoras de refuxiados

 

O PSOE presenta unha moción solicitando que se deseñe un plan de acollida

 

Redacción 03 de setembro de 2015.

 

 
 

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, indicou esta mañá nas redes sociais que A Coruña xa está sumada á rede de cidades españolas que acollerán a persoas refuxiadas procedentes de Siria. Neste sentido, o grupo municipal socialista presentou unha moción na que insta a que A Coruña se ofreza como cidade acolledora de refuxiados. Nela expón que o goberno local deseñe, en colaboración con oenegués un plan de acollida e atención a refuxiados ofertando cen prazas que inclúan vivenda, atención sanitaria, integración social, integración no ámbito educativo, atención psicolóxica e formación laboral continuada. Na moción tamén se insta a que se pida ao Goberno de España a aceptar «os 4.288 solicitantes propostos inicialmente pola Comisión Europea e aumentar de forma inmediata o orzamento destinado ao asilo e a acollida de refuxiados». 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas