GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Embaixada de España en Alemaña recomenda levar a documentación axeitada nos desprazamentos ao país

(03/09/2015)

A Embaixada de España en Alemaña recomenda levar a documentación axeitada nos desprazamentos ao país


Redacción, Vigo | 02 Setembro 2015



A Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Alemaña recomenda aos españois preparar axeitadamente a documentación necesaria no caso de desprazarse ao país por motivos laborais ou académicos, xa que deste xeito se evitarían "atrasos ou problemas ocasionados polos trámites burocráticos".

Entre os documentos a ter en conta, destaca a importancia de contar con DNI ou Pasaporte actualizado, así como a Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) ou Certificado Provisional Substitutorio, xa que ambos os dous documentos acreditan o dereito a recibir prestacións sanitarias "durante a estanza temporal", ben "por motivos de traballo, estudos ou turismo".

Así mesmo, recomenda incluír entre os documentos que se deben levar o informe de vida laboral actualizado, que se pode solicitar tamén por vía 'online' en https://sede.seg-social.gob.es/Sede1/Servicios enLinea/Ciudadanos/231443; o Formulario U1, que acredita as cotizacións realizadas en España para o cálculo de futuras prestacións en Alemaña; o certificado de antecedentes penais, así como os certificados académicos e profesionais e referencias profesionais.

Entre outros documentos importantes a ter en conta á hora de desprazarse a Alemaña, figuran o Formulario E 104, que recolle os períodos cotizados en España á Seguridade Social e que é imprescindible para proceder á alta no seguro obrigatorio de asistencia sanitaria; e o Certificado sobre o dereito a percibir prestacións familiares. Ambos os dous emíteos a Seguridade Social.

 

 

Dende a Consellaría de Emprego e Seguridade Social tamén se informa sobre a posibilidade de exportar a prestación ou subsidio por desemprego ou Renda Activa de Inserción ou de suspender as devanditas prestacións ata o regreso a España. No primeiro dos casos, poderanse exportar durante un período inicial de tres meses, que será prolongable excepcionalmente. A prestación pódese suspender durante un período máximo dun ano no caso de trasladarse a Alemaña a traballar ou buscar traballo activamente, realizar estudos destinados a mellorar a preparación profesional ou participar en accións de cooperación internacional.

Para todos aqueles que desexen coñecer máis detalles sobre estas cuestións, a Consellaría pon á súa disposición a 'web emprego Alemaña'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas