GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis da metade dos concellos perden residentes pola emigración

(01/09/2015)

Máis da metade dos concellos perden residentes pola emigración

 

01.09.2015 |

 

 

En absolutamente todos, os 314 concellos de Galicia, alguén fixo o ano pasado unha maleta para irse fóra da comunidade, ben a outra autonomía ou aínda máis lonxe, máis aló das fronteiras estatais. A versión oposta tamén é correcta: todos os concellos recibiron en 2014 a alguén que chegou de fóra, ás veces un exvecino da localidade, que desempaquetó as súas pertenzas e quedou. A cuestión que afecta ao devir demográfico de Galicia é cantos viñeron e cantos se foron, é dicir, cal foi o saldo migratorio externo. E nese aspecto, máis da metade dos municipios galegos (un 53,5%, é dicir, 168 municipios) rexistran números vermellos, nunha tendencia á que non é allea o conxunto da comunidade, que o ano pasado perdeu por este tipo de movementos 2.279 residentes e que ao ano anterior deixouse xa 2.833 habitantes polo camiño pola mesma razón.

 

A provincia onde máis municipios viron minguar o seu padrón pola emigración foi a da Coruña, onde 65 concellos (o 69,1% do total) rexistraron un saldo migratorio externo negativo. Os que máis veciños perderon foron Ribeira (cun saldo migratorio externo de -99) e Arteixo (-77). Pola contra, o municipio da Coruña liderou os saldos positivos, sumando 539 habitantes máis. Tamén Ferrol logrouno (48 máis), aínda que non Santiago (-22) e tampouco o resto das urbes galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas