GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A política do medo naufraga

(14/08/2015)

A política do medo naufraga

 

 

A chegada de inmigrantes e refuxiados non cesa por moito que os europeos se empeñen en mirar cara a outro lado


El País. Ana Carbajosa 13 AGOSTO 2015 -




Un helicóptero da Mariña italiana rescata un supervivente dun naufraxio / MARIÑA MILITAR ((AFP))



Un home pende dunha soga en medio do mar Mediterráneo. Un helicóptero da Mariña Italiana acaba de rescatalo, pero outros 50 que viaxaban con el desapareceron. O naufraxio de onte é o drama migratorio noso de cada día. Xa son 2.000 os afogados no Mediterráneo este ano. O día anterior, a policía grega liouse a porradas e refachos de extintor contra unha multitude sublevada, que pedía que os deixasen viaxar ao norte de Europa para solicitar asilo. "Queremos papeis, queremos comer".

Iso sobre o terreo. En Bruxelas, a pelexa é por ver quen acolle menos refuxiados e por recortar os recursos e obrigas de Frontex, a axencia europea de Fronteiras.

Hai un par de días, o ministro de Exteriores británico dixo que "o nivel de vida dos europeos" está en perigo ante a suposta chegada de "millóns de africanos". No reino da corrección política británica armouse un bo balbordo. O benpensante The Guardian abriu a cinco columnas a súa edición imprimida coas palabras de Philip Hammond. O ministro en realidade só verbalizaba o medo que impregna a política migratoria europea. O medo a tomar decisións que dean ás aos rutilantes populistas e xenófobos, e o temor en definitiva a que os seus votantes non os comprendan se abandonan a man dura.

 

 

Os que se asentan en Europa despois de meses ou anos de travesía si que non comprenden nada. Porque cando nunha oficina dos arredores de Estocolmo lles din que a súa solicitude de asilo vai a ser tramitado porque veñen dun país en guerra e a lei os protexe, apenas lles quedan forzas para alegrarse nin crer o que lles contan. Chegan arruinados e traumatizados despois de cruzar Europa escondidos en trens e en pisos pateira, fuxindo dos cans policía no medio da noite. Despois de investir os seus aforros e os da súa familia en pagar os traficantes.

O mozo universitario de Alepo soña cada noite coas patrullas gregas. O rapaz que desertou do Exército sirio e case morre de frío ten aínda a mirada perdida. Non comprenden por que a UE se empeña en negar a realidade, en mirar cara a outro lado condenándoos a travesías infernais como se así fóra a resolverse algo. Eles saben que, non que o único que conseguen é dificultar a integración dos que chegan en penosas condicións para empezar unha nova vida e contribuír ao seu novo estado. E que os seus compatriotas van seguir vindo por moitos diques que erixan no mar. Saben que non teñen outra opción.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas