GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos en Cataluña tomaron Viladecruces para facer entrega dos seus Alecrines de Ouro

(13/08/2015)

Os galegos en Cataluña tomaron Viladecruces para facer entrega dos seus Alecrines de Ouro


Foto de grupo de los galardonados con el Premio Alecrín 2015 que concede la Fegalcat. (Foto: A. Ribas)
Foto de grupo dos galardoados co Premio Alecrín 2015 que concede a Fegalcat. (Foto: A. Ribas)


I.Bande 12/08/2015

 

 

 

Que facía unha senyera catalá en pleno corazón de Galicia? O segredo saíu á luz en Viladecruces despois de que os camións da Orquestra Panorama abandonasen o pobo en festas, e a salsa, os combos e os petardos se visen substituídos por unha marea de acentos entre os que destacaba o catalán. "Eu vivín toda a miña vida en Barcelona, pero nacín aquí e considérome galega", sinalaba unha emigrante que se achegou á festa. Non era o único caso. Unha ondada de coches achegouse á localidade pontevedresa con motivo dunha nova edición da Xuntanza de la Fegalcat, a Federación de Entidades Galegas de Cataluña, que este ano viviu a súa novena edición.

"Unha gran festa para a emigración". Así se viviu a Xuntanza en Viladecruces, unha comida á que acudiron emigrantes galegos que normalmente residen en Cataluña e que converteu na escusa perfecta para a entrega dos premios Alecrín, que anualmente concede a Fegalcat. Preto de 200 persoas seguiron atentamente a entrega do máximo galardón co que a Federación recoñece a entidades, empresas e particulares galegos pola súa achega en distintos campos sociais a favor da comunidade galega.

 

alecrin2015-viladecruces

 

Entre os convidados, representantes do Centro Galego de Barcelona, da Asociación Cultural Galega Alborada de La Llagosta, o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo", a Asociación Cova da Serpe de Barcelona, a colectividade berciana de Barcelona ou a Casa Galicia de Andorra.

"É un orgullo que elixírades Viladecruces para esta Xuntanza anual", sinalou ao inicio do acto Jesús Otero, o alcalde que viviu a xornada "como un máis", gozando tanto da entrega de galardóns coma da posterior comida a base de produtos galegos.

Representantes da Administración

A festa tamén contou coa presenza de diversos representantes da Administración galega como o vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices, que afirmou que "nunca pagaremos a débeda que temos coa emigración"; ou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen sinalou que "a organización, unidade e actividades dos galegos de Cataluña son a envexa do resto de inmigrantes de orixe española" e que recordou a súa infancia "como fillo de emigrantes galegos en Francia".

O acto principal da xornada consistiu na entrega dos galardóns "Alecrín de Ouro", que este ano recaeron sobre: A Fundación Casa Museo "A Solaina" de Piloño, na súa categoría de "Defensa dá Memoria"; sobre a Editorial Hugim e Munim, no apartado de "Innovación Cultural"; en Xosé Manoel Piñeiro, no apartado da Comunicación,"; sobre o adestrador Manolo González, no apartado de "Deporte"; a Aceites Abril, no campo "Empresarial"; a poetisa Luz Pozo, no apartado de Cultura; e o cantante Davide Salvado, no apartado de "Música".

 

 

Os galardoados

O célebre locutor Manolo Valdés, presentador do histórico programa de radio en galego Teletaxi, foi o encargado de oficiar como mestre de cerimonias nun escenario abarrotado de homenaxeados e representantes da colectividade galega en Cataluña.

 

alecrin2015-viladecruces-piñeiro


"Os maiores premios que recibín ao longo da miña carreira débollos sempre á diáspora", sinalou un emocionado Xosé Manoel Piñeiro. O showman televisivo recordou as homenaxes que recibiu en lugares tan afastados como Newark ou México e tivo palabras de agradecemento para os galegos de Cataluña "que este ano me deron unha acollida espectacular cando fun a coñecelos. Grazas de corazón". Tamén tivo un recordo emocionado para un antigo compañeiro da TVG natural de Viladecruces, Quico Mosquera, que faleceu este ano.

 

alecrin2015-viladecruces-Manolo-Gonzalez

 

Manuel González, actual adestrador do Badalona e natural de Folgoso do Courel asegurou que "recibir un premio como este na miña terra é un orgullo moi importante". Tras unha longa carreira vinculado a diferentes clubs cataláns, Manuel González propúxose recuperar "A Galaica", o histórico equipo do Centro Galego.

 

alecrin2015-viladecruces-Luz-Pozo

 

A poetisa Luz Pozo Garza, subiu ao escenario cos seus mozos 93 anos e tras agradecer "aos socios" polo premio que me deron" aproveitou para ler un poema despois de recoller o galardón co que a Fegalcat quixo recoñecer a súa traxectoria e a súa achega á Cultura galega. Pozo Garza naceu en Ribadeo en 1922. Publicou diversos libros, como: "Ánfora", "O paxaro na boca" e "Prometo a flor do Loto". Dende 1996 é académica da Real Academia Galega.

 

alecrin2015-viladecruces-carmen-lareo

 

A representante da Fundación Casa Museo A Solaina, Carmen Lareo, quixo dedicar o alecrín á figura do que fose o seu irmán -Francisco Lareo-, a quen cualificou como o "gran dinamizador da cultura do rural". Lareo agradeceu o galardón recibido da colectividade galega en Cataluña como un recoñecemento ao labor que "A Solaina de Piloño" realiza a favor da cultura galega.

 

alecrin2015-viladecruces-aceites-abril-carmen-canal

 

"A nosa obsesión é dar traballo á xente de Ourense", afirmou María del Carmen Canal ao recoller o galardón co que a Fegalcat quixo premiar a Aceites Abril polo seu labor empresarial. A representante da empresa ourensana destacou que nos últimos anos lograron ofrecer traballo a 105 empregados " e a nosa ilusión é seguir creando empregos nunha provincia tan castigada pola crise".

 

alecrin2015-viladecruces-Alejandro-Tobar

 

Alejandro Tobar, directivo da Editorial "Hugim e Munim" recolleu o galardón concedido no apartado de "Innovación cultural" cunha afirmación a xeito de reto: "Si, pódese vivir da tradución". E como exemplo destacou que a pesar da súa xuventude, a editorial galega xa conta con 37 obras no seu catálogo traducidas de 11 linguas diferentes.

 

alecrin2015-viladecruces-davide-salvado

 

O cantante Davide Salvado aproveitou a recollida do galardón para dedicárllelo a "todas as mulleres coas que aprendín a tocar". O músico chegou a Viladecruces despois dunha exitosa actuación no Calgary Folk Music Festival.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas