GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha praga? Os datos demostran que a inmigración beneficiou ao sur de Europa e ao Reino Unido

(12/08/2015)

Unha praga? Os datos demostran que a inmigración beneficiou ao sur de Europa e ao Reino Unido


lainformacion. Rafa Miner

Martes, 11 de agosto do 2015 -




-Un estudo de La Caixa demostra que o 30 por cento do crecemento do PIB nos últimos 20 anos en España foi "consecuencia directa" da chegada de inmigrantes.

 

 

-Máis de 225.000 africanos inmigrantes chegaron a Europa polo Mediterráneo en 2015, coa expectativa de lograr un emprego. No Reino Unido saltaron as alarmas. Cameron chegou a falar de "praga".


MSF rescata máis dun centenar de inmigrantes nunha nova operación no Mediterráneo



Os Estados crecen coa inmigración. Quen lea isto é posible que non o comparta e que o critique (este tema encrespa), mesmo con dureza. Quizais neste ano 2015 máis, cando se estima que o número de inmigrantes que cruzou o Mediteráneo rumbo a países europeos supera os 225.000.

A Axencia Europea de Control de Fronteiras (Frontex) informou recentemente que preto de 50.000 inmigrantes chegaron a Grecia só durante o mes de xullo, cifra récord superior á rexistrada en todo o ano 2014. Segundo Frontex, a ruta migratoria cara a Grecia converteuse nos últimos meses na principal vía para intentar acceder á Unión Europea (UE).

Con estes datos, e a traxedia do número de falecidos que encontra no mar a súa sepultura, a Comisión Europea (CE) chama a "a solidariedade" e aprobou este luns 23 programas plurianuais por uns 2.400 millóns de euros, co fin de "apoiar os países na súa xestión da presión migratoria", entre eles España, que recibirá 259,7 millóns de euros dun fondo de asilo e outros 262,1 millóns dun fondo de seguridade interior.

 

 

Os recursos chegarán de xeito "urxente" aos países que máis se ven afectados pola chegada masiva de inmigrantes, como Grecia e Italia.

Os fondos corresponden ao período presupostario 2014-2020 e proceden do Fondo de Asilo, Inmigración e Integración (AMIF) e do Fondo de Seguridade Interior (FSI) da UE.

 

 

Cameron: "praga de xente"

As axudas da UE concédense  nun momento de grave crise migratoria, e xusto cando o Reino Unido leva clamando contra os inmigrantes de xeito feroz.

Gran Bretaña leva uns meses tensando a corda da inmigración, dende que a Oficina Estatística oficial (ONS) difundiu que recibiu uns 583.000 inmigrantes ata o pasado xuño, fronte aos 502.000 rexistrados nese mesmo período do ano anterior.

David Cameron bramou ao coñecer os datos, cualificando os inmigrantes de "praga de xente" e amagando coa súa saída da UE, mentres as organizacións de dereitos humanos reclaman "un plan concreto" para axudar aos aos refuxiados".

"Alguén debería recordalo ao Primeiro Ministro que estamos a falar de xente e non de insectos", declarou a líder provisional do Partido Laborista, Harriet Harman.

Desmontar mitos económicos e fiscais

Algúns datos e argumentos poden axudar a verificar que a inmigración canalizada axeitadamente non só non é un problema para un país, senón que supón un factor de crecemento.

Así sucedeu en España, en particular nos anos de bonanza. Sen a man de obra da inmigración, non teriamos crecido como se logrou dende 2000 a 2008, en especial no sector da construción, pero tamén noutros como hostalaría.

A Caixa revelou xa en 2011, en plena crise, que o 30 por cento do crecemento do PIB nos últimos 20 anos en España foi "consecuencia directa" da chegada de inmigrantes.

Moi recentemente, a Organización para a Cooperación Económica e o Desenvolvemento (OCDE), sinalou que o saldo fiscal da inmigración (o que achegan menos o que reciben) ofrece unha porcentaxe positiva do 0,5% do Produto Interno Bruto. É dicir, as persoas inmigrantes achegan moito máis do que reciben.

"Os estereotipos que se divulgan sobre os efectos negativos da inmigración son abundantes e diversos", sinala un estudo da Fundación MigraStudium, de Barcelona, sobre 'Inmigración e crise en España'.

"Están os que sinalan que os inmigrantes se benefician do Estado do benestar da sociedade receptora e supoñen unha pesada carga para esta. En España non hai moitos estudos sobre a achega económica que fan os inmigrantes comparada co gasto público que xeran, pero hai algúns, e todos desmentiron os estereotipos vixentes", argumentan os seus autores, Xavier Alonso, Miguel Pajares e Lluís Recolons.

"Non" pode dicirse "que a inmigración tivese un impacto negativo, xa que nos anos nos que houbo maior entrada de inmigrantes, tamén houbo maior crecemento de emprego para os autóctonos·, engade Miguel Pajares, autor da parte económica do informe.

 

Ao seu xuízo, "distintos autores sinalaron varias veces que para que un determinado fluxo de inmigración incida negativamente, sobre as condicións laborais ou as oportunidades de emprego dos nativos, ha de producirse como condición necesaria unha situación de competencia, ou que as oportunidades laborais dos nativos diminúan ante unha maior oferta de traballadores debida a inmigración".

E Pajares asegura que "moitos estudos mostraron que ese impacto apenas existe: (por exemplo) os realizados acerca da entrada masiva de cubanos en Miami producida en 1980, ou de alxerianos en Francia coa descolonización de 1962, os de Pekkala, feitos en América e en Europa, os Feridum en Noruega e Peri en California, etc."

 

 

Favoreceron o emprego dos españois

"A chegada dos inmigrantes (entre 2000 e 2008) favoreceu o emprego dos autóctonos na medida que os inmigrantes ocuparon as categorías laborais para as que resultaba difícil encontrar man de obra. A inmigración xerou, neses anos, dous efectos sobre o emprego dos autóctonos: aumentou as súas oportunidades laborais, e propiciou o seu ascenso profesional", engade o estudo.

Non obstante, o CIS adoita reflectir unha consolidación da imaxe negativa do inmigrante como detractor de recursos públicos, así como responsable da deterioración da calidade de prestacións sociais básicas (como a atención sanitaria e a escolar).

 title=

En España e o resto de países europeos, en liñas xerais, os sucesivos gobernos mantiveron políticas restritivas á admisión, coma se o noso sistema produtivo non necesitase man de obra inmigrante.

E estas políticas deron lugar a que a entrada fose maioritariamente irregular, pois os inmigrantes viñan de todos os xeitos, atraídos por un mercado laboral que demandaba a súa forza de traballo, aínda que o facían como turistas ou doutras formas máis arriscadas (pateiras, etc.). Esta entrada irregular, segundo MigraStudium, provocou que unha alta proporción dos inmigrantes comezase a súa vida laboral na economía somerxida, con prexuízo para eles e para Facenda.

Agora, España está a crecer a un ritmo superior ao 3 por cento anual, e crea emprego. Josep Oliver, catedrático de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona, asegurou na presentación do 46 Índice ManpowerGroup, que "ou se desenvolven políticas activas de emprego moi agresivas, ou España necesitará inmigrantes cualificados en 4 ou 5 anos", ou antes.

Fronte a iso sitúanse David Cameron e o seu titular de Exteriores, Philip Hammond, quen dixo: "É unha situación insostible porque Europa non pode protexerse a si mesma nin preservar o seu estándar de vida nin a súa estrutura se ten que absorber millóns de inmigrantes africanos».

 

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas