GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os clientes no exterior de ABanca participan na I Romaxe Internacional da entidade

(11/08/2015)

Os clientes no exterior de ABanca participan na I Romaxe Internacional da entidade

 

Botas, Escotet, López y Etcheverría, en la "I Romería Abanca Internacional".

Botas, Escotet, López e Etcheverría, na "I Romería Abanca Internacional".

 

La Región Internacional 10/08/2015




Abanca celebrou no santuario de Os milagros a "I Romaxe Abanca Internacional". O evento reuniu a máis de 400 clientes non residentes da entidade financeira que procedían de países como México, Venezuela, Panamá, Suíza, Francia, Reino Unido ou Alemaña. No acto tamén estiveron presentes os directivos da entidade, entre eles Javier Etcheverría, presidente de Abanca; Juan Carlos Escotet, o vicepresidente; Francisco Botas, conselleiro delegado, e Pedro López, conselleiro.

"A vinculación de Abanca cos galegos no exterior foi dende sempre unha vinculación entrañable e profunda. Sodes para nós un sector de gran relevancia e queriamos darvos a benvida dun xeito especial", destacaba Escotet durante o discurso previo á comida organizada cos clientes. Ademais, sinalou que esta primeira "Semana grande dos clientes non residentes de Abanca", que empezou o mércores en Santiago cunha xornada sobre fiscalidade, está a ter bastante éxito e non descarta a posibilidade de repetir a experiencia. "Xa estamos a pensar nos eventos do ano que vén que tamén conxugará un seminario sobre cuestións de interese coa celebración dunha romaxe noutro lugar emblemático para o galeguismo", adiantaba Escotet.

Alfonso Caruana, director xeral de Abanca Internacional, destacou que os clientes que se deron cita en Baños de Molgas pertencen a todos os extractos sociais porque "para nós todos os nosos clientes son importantes". Así mesmo sinalou que o que se pretende con esta convocatoria é "poder falar cos seus clientes sen garavata" e estender a relación bancaria que manteñen con eles cara a unha máis persoal.

Proba do compromiso internacional que mantén Abanca cos galegos do exterior foi a apertura o pasado mes de xullo dunha oficina de representación en Frankfurt e prevese a inauguración doutra en Río de Janeiro.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas