GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Retrato da crise e da emigración nova a través da barbería

(10/08/2015)

Retrato da crise e da emigración nova a través da barbería

 

La Voz Ferrol, 10 de agosto de 2015.

 

 
Non fai falta recorrer ás estatísticas, basta con pasarse por algún negocio ferrolán para confirmar o que xa todo o mundo sabe: a crise da cidade nótase en todos lados, sempre coas súas peculiaridades.

 

As barberías, como case todos os negocios, poden facer un retrato da recesión a través das súas vivencias. Neste tipo de establecementos cada vez notan «máis cortes feitos na casa» explica Francisco, o responsable do Fénix, «damos un servizo dunha certa calidade, e hai moita xente que si está disposta a pagalo, pero nesta cidade na que hai ao redor dun trinta por cento de paro moitos teñen que prescindir de certas cousas, e unha delas é a barbería».

 

Ademais, por mor da crise económica que nos acompaña desde 2008, centos de mozos galegos víronse obrigados a emigrar en busca das oportunidades laborais que aquí non atopan. Segundo o informe de conxuntura do Foro Económico de Galicia, a comunidade rexistrou no terceiro trimestre de 2014 un «fenómeno de nova emigración de mozos», cunha caída de 21.100 persoas na poboación activa entre os 25 e 34 anos, dos que 6700 tiñan estudos superiores.

 

O negocio de Francisco tamén é testemuña desta situación, xa que nos últimos anos viu minguar a súa clientela máis nova, que non ha ter máis remedio que coller as maletas e abandonar a cidade de Ferrol. «A maioría de rapaces que acoden á nosa barbería contan con estudos universitarios. Estes mozos acaban índose fora. Entón eu perdo moitísimos clientes, talvez son os que máis se van» lamenta o dono do Fénix.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas