GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Marea Granate afirma que miles de españois seguen sen cobertura sanitaria cando regresan

(10/08/2015)

Marea Granate afirma que miles de españois seguen sen cobertura sanitaria cando regresan



Marea Granate y Yo sí, Sanidad Universal protestan contra la última reforma de la sanidad.

Marea Granate e Yo si, Sanidade Universal protestan contra a última reforma da sanidade.





I.Bande 07/08/2015


"Non" queremos "un sistema sanitario que condicione o acceso á sanidade a ter un emprego. Non queremos un sistema sanitario que cree cidadáns de primeira e de segunda. Abonda de negocios, mentiras e electoralismos, basta de xogar coa saúde das persoas,". Así de contundentes se mostran os reponsables da Marea Granate tras analizar a reforma da Atención Sanitaria en España para os residentes ausentes, anunciada o 29 de xullo polo Goberno. Os voceiros desta plataforma e de Yo si, Sanidade Universal, consideran que "a modificación da Lei de Segunda oportunidade segue deixando sen cobertura a emigrantes españois desempregados e en moitos casos, familiares a cargo,".

O pasado 29 de xullo o Goberno modificou a Lei de Segunda Oportunidade, engadindo nas disposicións adicionais varias rectificacións sobre o dereito de cobertura sanitaria dos emigrantes españois (disposicións quinta e novena) "de modo que se garanta a "asistencia sanitaria para españois de orixe residentes no exterior desprazados temporalmente ao territorio nacional", así como para os seus familiares".

Non obstante, unha análise desta reforma por parte dos responsables de Marea Granate e Yo si, Sanidade Universal, revela que aínda seguen estando excluídos "miles de españois", e que a medida non é máis que un recoñecemento "pola calada" dunha situación negada unha e outra vez polos membros do Goberno: a exclusión do Sistema Sanitario dos españois do exterior.

Dende ambas as dúas plataformas destácase que "con esta rectificación parcial, o Goberno recoñece a exclusión sanitaria aplicada de facto, dende as modificacións lexislativas do ano pasado, a dous millóns de españois residentes no estranxeiro. Feito negado reiteradamente, e que puxemos en evidencia coa nosa campaña de denuncia Bótannos da saúde".

Non obstante, dende Marea Granate e Yo si, Sanidade Universal, se lamenta que se trata dunha reforma incompleta. Onde está a trampa? O propio texto da Lei dá pistas cando afirma:

"Os beneficiarios desta reforma serán: Os españois de orixe, que residen no exterior; os pensionistas españois no exterior e os traballadores (por conta propia ou allea) españois que realizan o seu labor fóra de España. (...) así como: os familiares destes españois no exterior: os dos que retornan definitivamente e os dos que veñen a España de xeito temporal".

Ambas as dúas plataformas destacan que "a nova modificación recoñece a ampliación do dereito á cobertura sanitaria SÓ os que traballan, por conta propia ou allea, cando entre España e o país de acollida non existen acordos de cobertura".

"Con esta medida, o Goberno insiste na vinculación laboral como condición para outorgar un dereito fundamental, e segue excluíndo do dereito á sanidade no noso país as persoas forzadas a emigrar precisamente por estar desempregadas", lamentan Marea Granate e Yo si, Sanidade Universal. Os voceiros da Marea Granate lamentan que "negar a cobertura sanitaria a estas persoas é especialmente grave, cando son as propias políticas do Goberno as que botan ao paro, a precariedade e a emigración a miles de persoas a diario".

Así mesmo, a plataforma considera que "a extensión do dereito de cobertura a familiares e beneficiarios do emigrante é moi limitada: só están incluídos o cónxuxe e os fillos menores de 26 anos ou maiores de 26 con minusvalidez maior ao 65%, e sempre e cando o suxeito de dereito os acompañe na súa estanza no país. Esta medida exclúe en tanto que "selecciona" beneficiarios e limita o acceso ao dereito a outros moitas outras persoas".

 

O tempo xoga á contra dos que precisan de Sanidade

Outro problema sobre o que poñen luz ambas as dúas plataformas é que, en calquera dos casos, "o recoñecemento deste dereito corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, que debe expedir un documento acreditativo; é dicir, o emigrante que regresa a España de forma temporal está obrigado a realizar novos trámites burocráticos, co correspondente atraso ou imposibilidade de acceso á atención sanitaria no noso propio país,".

Tanto a Marea Granate coma Yo si, Sanidade Universal consideran que esta reforma anunciada a finais de xullo polo Goberno responde a un interese electoralista. Por iso, responden ao Goberno cun calendario de medidas que, consideran, si servirían para dar solución aos problemas médicos e sanitarios dos españois que residen fóra do país cando regresan a España e precisan de atención sanitaria.

Propostas de solución definitiva

Trátase de catro puntos fundamentais:

" - A derrogación inmediata do RDL de exclusión sanitaria 16/2012 e dos demais decretos que o complementan.

- A derrogación inmediata da disposición adicional sesaxésimo quinta do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que exclúe a residentes no exterior da cobertura sanitaria en España.

- O cumprimento das súas obrigas e convenios internacionais, coa expedición de Tarxetas Sanitarias Europeas, e o pagamento de cotas a outros países segundo as directivas da UE. A irresponsabilidade do Goberno nestes dous casos está a impedir notoriamente o acceso á sanidade dos emigrantes españois, xa que os Estados se negan a atendelos a sabendas de que España non reembolsa axeitadamente.

- A adopción de medidas adicionais para garantir a cobertura sanitaria dos seus cidadáns residentes no exterior. "



¡ Por unha sanidade pública, de calidade, universal e gratuíta!!

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas