GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Só cen dos 11.087 emigrantes ourensanos en Cuba naceu en territorio galego

(06/08/2015)

Só cen dos 11.087 emigrantes ourensanos en Cuba naceu en territorio galego



Sebastián Duque, el ourensano Antonio Fidalgo (fallecido) y Augusto Blanco, con españoles en Santa Clara.

Sebastián Duque, o ourensano Antonio Fidalgo (falecido) e Augusto Blanco, con españois en Santa Clara.



Sonia Torre 05/08/2015




Mentres o mundo centraba a súa atención en Cuba tras retomar relacións con Estados Unidos case ao mesmo tempo en Ourense cobraba protagonismo o Centro Unión Ourensá da Habana ao recibir este ano o "Celanova Casa dos Poetas" por o seu "compromiso histórico con Galicia, e dun modo moi especial coa figura de Manuel Curros Enríquez". Unha vez máis, Cuba mestúrase con Ourense, ou viceversa.

Na actualidade, son 11.087 os ourensanos que viven na illa, dun total de 36.614 galegos, aínda que tan só 100 deles nacesen nesta provincia, a segunda con máis "cubanos", despois de Lugo, con 12.683. O incremento destes residentes nos últimos anos foi moi elevado, xa que en 2009 tan só eran 3.732 os ourensanos rexistrados no Padrón de Españois Residentes no Exterior. Este notable aumento foi propiciado pola lei que nos últimos anos permitía aos descendentes de españois recuperar a nacionalidade dos seus antepasados, e que dada a situación económica que atravesaba a illa, foron miles os que buscaron as súas orixes a este lado do Atlántico.

A pegada ourensana na illa remóntase, sobre todo, a finais do século XVIII, cando comezou a emigración galega a Cuba e que en 1804 creou xa o seu primeiro centro: A Santa Irmandade de Santiago o Maior. En 1912, había instaladas na illa 40 sociedades locais. Na actualidade, perviven, segundo o rexistro da Xunta, algo máis de 20 con recoñecemento de "galeguidade". Aínda que son numerosas as sociedades máis pequenas, co nome de "Hijos de", con procedencia de Coles ou Trives.

Os ourensanos ocuparon un espazo moi importante na vida da illa, aínda que non todos fosen nomes ilustres como Curros Enríquez ou Basilio Álvarez. No primeiro terzo do século XX, o home máis rico de Cuba chamábase José López, coñecido como "Pote", todo un ourensano dedicado á banca.

Co triunfo da revolución, fóronlles confiscadas as súas propiedades, ante o que uns optaron por emigrar de novo, e outros por permanecer, pero adaptándose á nova vida, que levou consigo moitas penurias, o que fixo crecer as sociedades ourensanas de beneficiencia e axuda.

Coa apertura que o goberno cubano parece ter iniciado, este ano un empresario ourensano logrou recuperar unha propiedade, que será utilizada con fins hoteleiros, aínda que prefire manterse no anonimato, "por se acaso".

Cuba deu para moitas historias como as que relatan ourensanos anónimos no libo "Os rostros da memoria", precisamente editado polo Centro Ourensano da Habana e a Fundación Fernando Ortíz. E con duras vidas, entre elas a de Carmen Pérez, que emigrou con 16 anos e regresou por primeira vez á súa casa de Touza con 88, afirmando entondes que "aquí noto moito frío". Os ourensanos tamén marcaron a vida pública da illa. O voceiro da colectividade española en Cuba fronte ao goberno central foi, precisamente e durante preto de vinte anos ata que faleceu en 2014, un ourensano de Loñoá do Camiño, en Pereiro de Aguiar: Antonio Fidalgo.

Emigrou con 19 anos e un mes despois asociouse ao Centro Galego da Habana, en 1952. Foi durante máis de 20 anos socio da Beneficencia Galega, así como socio fundador da Unión Ourensá da Habana.

Dende 1993 percorreu o país para coñecer de primeira man os problemas dos españois e puxo en marcha un sistema de atención para  orientalos sobre trámites administrativos.

Nunca deixou de ser de aquí, pero, probablemente tampouco cubano, como seguramente os 11.087 ourensanos que viven alí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas