GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os Presupostos Xerais de 2016 destinarán 69,46 millóns de euros a emigración e retorno

(06/08/2015)

Os Presupostos Xerais de 2016 destinarán 69,46 millóns de euros a emigración e retorno

 



Jesús Posada y Cristóbal Montoro, durante la presentación de los Presupuestos Generales del Estado 2016.
Jesús Posada e Cristóbal Montoro, durante a presentación dos Presupostos Xerais do Estado 2016.




Axencias - A Rexión Internacional 05/08/2015


O Goberno destinou en 2016 á política de servizos sociais e promoción social 2.093,22 millóns de euros, o que supón un incremento do 7,7 por cento respecto ao anterior presuposto, e en concreto a partida destinada á dependencia sobe un 6,4 por cento ata 1.252,29 millóns de euros.

A maioría do presuposto destínase a programas de acción social -1.991,58 millóns-, que están dirixidos a colectivos de anciáns, dependentes, emigrantes, estranxeiría, infancia, familias e drogodependencia.

O apoio á familia e a infancia increméntase en 16 millóns, destinado a mellorar a calidade de vida das familias na súa diversidade e á protección aos menores, explica o Goberno.

Respecto á lei de dependencia, que a partir de xullo se completa a súa implantación coa incorporación das persoas con dependencia moderada, destínanse 1.252,29 millóns de euros (1.177 millóns en 2015), dos que 1.162 millóns son para o Nivel Mínimo de Dependencia (75 millóns máis que o pasado ano).

Para os emigrantes españois no estranxeiros e para aqueles que retornen a España dótase unha partida de 69,46 millóns de euros.

Tamén crece o programa "Accións en favor dos inmigrantes" un 69,8 por cento ata 112,7 millóns, incluíndo un dotación para o Sistema de Protección Internacional para a acollida e integración de refuxiados e asilados, ante o importante ascenso do número de solicitantes de asilo procedentes na súa maior parte de Sirya e de Ucraína -15 millóns máis-.

En concreto, para o programa de reasentamento e recolocación de persoas susceptibles de protección internacional tras o acordo do Consello Europeo destínanse 29 millóns.

Increméntase, ademais, nun 9,2 por cento a dotación para a "Atención humanitaria a Inmigrantes" chegados ás costas no Mediterráneo.

Consolídase o Programa de Axuda ás Persoas máis Necesitadas desenvolvido polo Fondo Europeo de Axuda aos Máis Desfavorecidos con 108,90 millóns e destínanse 73,92 millóns para Promoción Social que agrupa os programas de "Promoción e Servizos á Xuventude", "Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes" e "Actuacións para a prevención integral da violencia de xénero", que crecen un 34,2 por cento.

Para o ámbito da loita contra a violencia machista destínanse 6,71 millóns de euros a programas de asistencia social e de axudas a vítimas.

Outras actuacións de acción social, son os programas desenvolvidos polo Imserso para maiores (dotados con 117,49 millóns) e para persoas con minusvalidez (55,68 millóns).

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade achega á rede básica de servizos sociais 31,83 millóns, financiada de forma conxunta coa administración central e as comunidades autónomas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas