GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago acolle o II Encontro de Empresarios Galegos do Mundo

(05/08/2015)

Santiago acolle o II Encontro de Empresarios Galegos do Mundo

 

Redacción, Santiago | 04 Agosto 2015



Cartel del Encuentro.
Cartel do Encontro.

 

 

As asociacións de empresarios galegos no exterior organizan este mércores, día 5, na cidade de Santiago o II Encontro de Empresarios Galegos do Mundo dirixido aos empresarios e profesionais galegos residentes no exterior e aos residentes en Galicia cuxas empresas estean ou queiran entrar en procesos de internacionalización.

Neste encontro, cuxa primeira edición foi promovida pola Asociación de Empresarios Galegos en Estados Unidos (Aegusa), está prevista a presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; así como os conselleiros de Vicepresidencia e Economía, Alfonso Rueda e Francisco Conde, respectivamente, e do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Tamén está prevista a participación do director xeral de Migracións do Goberno de España, Aurelio Miras Portugal.

Por parte dos empresarios estarán os representantes das asociacións de galegos no exterior, así como os das diferentes confederacións de empresarios galegos.

O encontro comeza ás 13,00 horas, para dar paso a unha comida ás 15,00 horas. O acto pecharase coa actuación de María do Ceo.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas