GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Retornados piden á Fiscalía abrir dilixencias á Axencia Tributaria polas súas pensións

(05/08/2015)

Retornados piden á Fiscalía abrir dilixencias á Axencia Tributaria polas súas pensións




Manifestación de retornados gallegos por las calles de Santiago de Compostela, el pasado mes de junio.

Manifestación de retornados galegos polas rúas de Santiago de Compostela, o pasado mes de xuño.




Axencias - A Rexión Internacional 04/08/2015




Emigrantes galegos retornados reuníronse co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, para reclamar que se abran dilixencias informativas sobre a actuación da Axencia Tributaria en relación coas súas pensións.

En rolda de prensa en Santiago, informaron de que pediron á Fiscalía de Galicia que abra dilixencias ante o que o que cren un incumprimento do convenio hispano-alemán de 1966 que deixa exentas de tributar as pensións neste país estranxeiro, que consideran extrapolable o resto de países.

Así mesmo, a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados denunciou que o Goberno esixe con carácter retroactivo as declaracións de antes do ano 2013.

Neste sentido, Xosé Lois Leiros, un dos coordinadores do colectivo, asegurou que diferentes sentenzas interpretativas de tribunais autonómicos, como é o caso do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), avalan que as pensións estranxeiras de emigrantes retornados non tributen no país. Por iso, pide a Fiscalía que se investigue o proceder da Axencia Tributaria.

Dende a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados afirmaron que a xunta co fiscal foi un "día especial", xa que é a primeira vez que reciben resposta á súa demanda de entrevista.

Unha das coordinadoras, Celina Josenge, asegurou que tamén se dirixira no mes de novembro do pasado ano 2014 ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, así como ao Rei Felipe VI sen recibir resposta.

Precisamente, o pasado xoves o Ministerio de Facenda informou de que máis de 20.700 emigrantes retornados galegos regularizaron as súas pensións por un importe de 45,6 millóns de euros -en 49.800 autoliquidacións- durante o proceso extraordinario aberto entre xaneiro e xuño deste ano, relativo ás cotas de IRPF do período 2010-2013.

Só un 5% de denuncias

Así as cousas, outro dos coordinadores, Manuel Domínguez, lamentou "só un 5% " dos afectados presentan denuncias, polo que "ao Goberno non lle importa pagar as reclamacións", en vez de non reclamar de oficio o importe de regularización dos últimos anos.

Por outra parte, denunciaron que a Axencia Tributaria pon trabas para homologar as incapacidades laborais de pensionistas emigrantes retornados recoñecidas en países estranxeiros ás permanentes españolas.

Domínguez declarou que "por lei" os pensionistas retornados teñen dereito a validar tales incapacidades laborais en España, e avanzou que se prevén futuras mobilizacións. Xunto a isto, presentarán mocións en diversos concellos.

Reforma da Lei Fiscal

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados asegurou que o seu "cabalo de batalla" máis recente é a oposición á reforma fiscal da lei 26/2014 que definiron de "oportunismo electoral do Partido Popular" para "beneficiar aos que máis teñen".

O colectivo denunciou que "o 70% dos máis de 250.000" emigrantes retornados pensionistas en Galicia "cobran menos de 1.000 euros mensuais" e este axuste fiscal "de deseño antisocial" pon "en grave perigo" estas "pequenas economías familiares".

Nesta cuestión, os coordinadores das plataformas propuxeron que se reforme a lei 35/2006 do IRPF para que haxa unha rebaixa na tributación de impostos de "os que teñen menos ingresos para igualala" ao resto de pensionistas.

En concreto, demandaron que esa rebaixa sexa aplicable a partir dos 22.000 euros de ingresos anuais, e non dende os 11.200 euros que actualmente obriga a cotizar aos emigrantes retornados con pensións de países estranxeiros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas