GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os alumnos de Escolas Abertas rematan a súa formación en Galicia cun festival musical

(29/07/2015)

Os alumnos de Escolas Abertas rematan a súa formación en Galicia cun festival musical



Participantes en el curso de Escolas Abertas en su edición de 2015, tras la clausura.
Participantes no curso de Escolas Abertas na súa edición de 2015, tras a clausura.




I.B. 29/07/2015


O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou no Círculo das Artes de Lugo a edición do programa Escolas Abertas deste ano. No acto tamén estiveron presentes o delegado da Xunta de Galicia en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Alberto Linares.

A iniciativa desenvolveuse durante esta segunda quincena de xullo en diversos enclaves galegos, tendo como punto de concentración e aloxamento o albergue Lug II, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Trabajo e Benestar.

Este ano participaron no programa Escolas Abertas un total de 83 alumno: 70 procedentes de Iberoamérica, 7 doutros países europeos distintos de España, e 6 de comunidades autónomas españolas distintas de Galicia. Os cursos da edición deste ano consistiron en talleres de especialización de gaita, baile e percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego.

Escolas Abertas pretende dar a coñecer a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estanza de mozos que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. O obxectivo do programa é dar a coñecer entre os mozos da diáspora a Galicia actual, a través dos ollos doutros mozos da emigración.

Os alumnos deste programa son, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega así aos cidadáns da Galicia do Exterior. Coa instrución e mellora de habilidades dos participantes na iniciativa, acrecéntase o interese e a formación de millares de galegos residentes, e mesmo nacidos, fóra da Galicia territorial.

 

 

Universalidade

Na súa alocución aos presentes, Rodríguez Miranda exaltou o fortalecemento da Galeguidade universal que están a levar a cabo moitos centros e casas de Galicia mediante a posta ao día e ampliación da súa carteira de servizos. Sodes embaixadores da cultura galega nos centros e países nos que residides, unhas mans colaboradoras sen as cales a universalidade de Galicia quedaría manca".

Os propios Miranda, Dobarro e Liñares foron os encargados de entregar a súa respectiva certificación aos participantes na edición deste ano, nun acto que concluíu coa posta en común do moito aprendido estes días. O colofón estivo a cargo dos propios alumnos con respectivas actuacións das distintas disciplinas nas que foron formados.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas