GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración galega en Cataluña entregará os seus premios Alecrín en Vila de Cruces

(28/07/2015)

A emigración galega en Cataluña entregará os seus premios Alecrín en Vila de Cruces

 

Entrega de los Premios Alecrín el pasado año, en Celanova.

Entrega dos Premios Alecrín o pasado ano, en Celanova.





I.Bande 28/07/2015




"Ás floriñas dos toxos
Nin rosiñas brancas, nin caraveis roxos!
Eu venero ás floriñas dos toxos.

Dos toxales ás tenues floriñas,
que sorrín, a medo, entre espiñas (...) "

Así comezaba o poeta lucense Antonio Noriega o seu poema sobre a flor do toxo: o alecrín, que dá nome ao premio que todos os anos concede a Federación de Entidades Galegas de Catalunya, Fegalcat, aos nomes máis destacados na defensa da cultura galega.

O próximo 11 de agosto a localidade pontevedresa de Vila de Cruces converterase en "capital espiritual" da galeguidade, ao acoller a entrega dos premios Alecrín de la Fegalcat. Será ás 12,00 horas nas instalacións do Concello nun acto ao que está previsto que acoden importantes nomes da cultura galega.

Os galardoados nesta ocasión serán:

No apartado de Innovación Cultural: a Editorial Hugin e Munim. Trátase dunha nova editorial galega, que xurdiu a finais do ano 2011 en Santiago de Compostela, e que está dedicada á tradución ao galego de obras de literatura estranxeira. As súas primeiras traducións foron os libros "Servizo de Correos" e "O forasteiro Misterioso" dos escritores americanos Charles Bukowski e Mark Twain, respectivamente. O responsable da editora é o lucense Alejandro Tobar.

hugin-munim

 

No apartado do Deporte, o galardoado será Manolo González. Este lucense, natural de Folgoso do Courel, é o actual adestrador do C.F. Badalona. O técnico que dirixiu durante sete anos ao equipo xuvenil da institución escapulada, fíxose cargo en 2014 do primeiro equipo tras a súa óptima experiencia na Montañesa, coa que pelexou por unha praza en Segunda División B. Tamén é o responsable da recuperación do histórico equipo de fútbol do Centro Galego da Cidade Condal.

manolo-gonzalez-badalona

No apartado Musical o galardoado será o músico e cantante, Davide Salvado. Salvado é unha das voces máis carismáticas da música galega. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na busca de ritmos, coplas e danzas. Colaborou con músicos do talle de Budiño, Mercedes Peón ou Cristina Pato. Davide foi escollido polo xurado internacional da sección oficial de WOMEX 2014 grazas ao 'O ladrón de amorodos', realizado a trío co acordeonista Santi Cribeiro e o percusionista Cristian Silva. Acaba de presentar o seu novo disco "Lobos".

http://www.laregioninternacional.com/video/galicia/lobos/20150728111750247783.html

No apartado da Comunicación o galardoado será Xosé Manoel Piñeiro. O showman ourensano converteuse nunha das marcas máis recoñecibles, a nivel internacional, da Televisión de Galicia. O seu maior éxito foi o programa Supermartes, que conduciu durante máis dunha década, entre 1992 e 2005. Ademais, tamén estivo á fronte de espazos como Tequelexou, Téquele, téquele ou o máis recente Acompañenos, entre outros, e presentou numerosas galas e especiais na mesma canle autonómica. Dende 2011 presenta o programa Bamboleo na canle autonómica. Tamén destaca o seu interese por achegarse aos centros da diáspora galega, para coñecer de primeira man a situación do colectivo e facelos partícipes da cultura galega.

superpiñeiro

Tamén será galardoada a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño. O Museo A Solaina foi creada por un dos artistas máis significativos da bisbarra do Deza, o pintor, escultor e escritor Francisco Lareo Morao, que puxo en marcha o proxecto como unha iniciativa de dinamización sociocultural. Trátase dun espazo dedicado á cultura en xeral, que reúne diversos traballos e manifestacións artísticas, ademais de acoller encontros de escritores, artistas e músicos nun lugar no cal é posible o intercambio de ideas e a organización de faladoiros.

fotoasolaina01AS

O alecrín Cultural aínda non foi facilitado, a falta da confirmación por parte do galardoado.

Tras a entrega de galardóns está prevista unha comida. Está prevista a presenza de importantes personalidades neste evento, como a cantante María do Ceo; o poeta Xesús Rábade; o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente do Liceo Recreo Ourensano, Javier Casares ou a senadora Carmen Leite.

Os interesados en asistir á festa poderán inscribirse ata o día 8.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas