GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha trintena de sociedades comarcais celebraron de forma conxunta na Habana o Día de Galicia

(27/07/2015)

Unha trintena de sociedades comarcais celebraron de forma conxunta na Habana o Día de Galicia



Redacción, A Habana | 27 Xullo 2015 - Crónicas da Emigración


El Apóstol presidió la celebración en la Plaza de Galicia.
O Apostol presidiu a celebracion na Praza de Galicia.

Unhas trinta sociedades comarcais, representativas de municipios e provincias de Galicia, celebraron de forma conxunta o Día da Comunidade o pasado 19 de xullo cunha misa en honor do Apóstolo Santiago e unha representación de música e danzas tradicionais galegas. Ambas as dúas actividades efectuáronse no capitalino municipio de El Cerro e contaron coa participación de máis de 300 persoas en representación da comunidade.

A misa celebrouse na Igrexa Parroquial 'O Salvador do Mundo', oficiada por un neto de galegos, o pai Luis Formosa.

Ao finalizar a misa, a imaxe do Apóstolo foi levada en procesión ata a porta do templo, onde recibiu as ofrendas das 36 sociedades comarcais galegas e presidiu a celebración na Praza de Galicia.

Tras os actos relixiosos, efectuouse a actividade artística e cultural na Praza de Galicia, situada fronte ao templo, evento presidido pola imaxe do Apóstolo Santiago, que recibiu numerosas ofrendas florais dos presidentes e outros directivos das 36 asociacións comarcais presentes no acto.

As palabras alusivas á celebración pronunciounas a presidenta da sociedade 'Fillos do Concello da Capela' e coordinadora das sociedades comarcais, Juana Caridad Fernández Pérez, quen destacou o feito de ser esta a primeira celebración do Día da Comunidade que se realiza na Praza de Galicia, espazo inaugurado polo presidente Manuel Fraga Iribarne o 24 de setembro de 1991, en ocasión da súa visita a Cuba. Tamén falou sobre aspectos históricos e de tradición no culto ao Apóstolo Santiago e sobre a notable presenza de emigrantes galegos en El Cerro dende finais do século XIX e principios do XX.

As sociedades 'Fillos de Sarria', 'Fillos da Capela', 'Fillos da Golada e Pontes de García Rodríguez', 'Unión Mugardesa', 'Fillos de Buján', 'Fillos de Lalín' e 'Fillos de A Estrada' participaron na gala artística con danzas tradicionais galegas, baixo a dirección dos profesores e coreógrafos Daelée Pérez, Haldem López, Maryuri Jiménez, Joan Fernández e Mariela Lorenzo. Os adornos florais da praza estiveron a cargo dos mozos da Sociedade 'Fillos de Lourenzá' e a locución e condución de Edel Morales.

Entre as personalidades invitadas encontrábanse, Sergio Toledo Bueno, presidente da Federación de Sociedades Galegas de Cuba (FSGC), e Ima León Rodríguez, vicepresidenta do goberno no Municipio El Cerro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas