GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mon Devane plasma a súa visión da emigración nun restaurante local

(24/07/2015)

Mon Devane plasma a súa visión da emigración nun restaurante local

 

O macromural do artista ourensán atópase no restaurante O Emigrante de Loimil

 

24 de xullo de 2015.

 

O ourensán mentres realizaba o mural no restaurante de Loimil.

 

O restaurante O Emigrante, situado na parroquia estradense de Loimil, contou esta semana coa presenza do artista plástico ourensán Mon Devane, quen creou un mural nas paredes interiores do establecemento hostaleiro. Nel, o ilustrador plasmou unha escena da época da emigración, en honra ao nome do propio restaurante.

 

 

Mon Devane, quen estudou Ilustración e Deseño Gráfico en Ourense, asegura que foi o propio propietario do local quen se puxo en contacto con el para crear o mural, sendo esta «a primeira vez que fago unha obra nesta zona». Aínda que o artista plástico afirma que realiza «a maior parte do meu traballo na provincia de Ourense», tamén fai encargos por toda Galicia, citando lugares como A Coruña, Caldas de Reis, Cangas ou Santiago. Entre os concellos ourensáns nos que traballou están Verín ou Ribadavia; precisamente neste último municipio ten en mans un encargo nun dos seus colexios, entre outros proxectos aínda pendentes de pechar. Devane di, así mesmo, que polo xeral «a xente é bastante receptiva co meu traballo, porque ven que é algo currado».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas