GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Italia coordinou o rescate de case dous mil inmigrantes nas últimas horas

(23/07/2015)

Italia coordinou o rescate de case dous mil inmigrantes nas últimas horas

 

Realizáronse oito operacións nas que participaron medios de varias nacionalidades

 

Efe Roma, 23 de xullo de 2015.

 

 
 

As autoridades italianas coordinaron o rescate de case 2.000 inmigrantes en augas do Mediterráneo durante a xornada de onte e fixérono mediante 8 operacións nas que participaron medios de varias nacionalidades, informou hoxe a Garda Costeira.

 

De acordo a un comunicado, os case dous mil inmigrantes foron socorridos mediante oito operacións distintas e coordinadas, todas elas, desde a Central Operativa da Garda Costeira en Roma, no Ministerio de Infraestruturas e Transportes.

 

Nos labores de rescate participaron dúas naves da Marina Militar italiana, unha da alemá, unha unidade da Garda Costeira maltesa, outra con pavillón sueco e un buque mercante.

 

Fuentes portuarias informaron de que unha «pequena parte» dos inmigrantes xa desembarcou na illa meridional de Lampedusa mentres que a gran maioría o fará nas próximas horas noutros portos italianos.

 

Os Gardacostas difundiron este xoves imaxes dunha das operacións executadas onte, na que foron socorridos 495 inmigrantes cando se atopaban a bordo dunha embarcación precaria a case 55 millas (uns 88 quilómetros) das costas libias.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas