GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Outro fracaso de Europa

(22/07/2015)

Outro fracaso de Europa

 

 

 A inmigración converteuse no ámbito máis divisivo da política comunitaria e puxo ao descuberto as súas enormes fallas




O País 22 XULLO 2015




Un grupo de refuxiados sirios nun dispensario de Médicos do Mundo en Atenas, o pasado 2 de xullo. / LOUISA GOULIAMAKI / AFP



Por segunda vez nun mes fracasaron os intentos da UE para manexar a crise da emigración. En xuño, os líderes comunitarios rexeitaban facer obrigatoria a repartición dos solicitantes de asilo expulsados pola guerra e a opresión no norte de África e Oriente Próximo. Agora, os ministros do Interior foron incapaces de repartirse a cota voluntaria de 40.000 refuxiados que esperan en Italia e Grecia (unha fracción dos 600.000 que piden asilo cada ano) procedentes de Sirya, Eritrea e Iraq. Só 35.000 serán reasentados a partir de outubro, e España acollerá a 1.300, en lugar dos máis de 4.000 inicialmente asignados por Bruxelas.

 

 

A presión de Alemaña e Francia non venceu a resistencia de numerosos socios renuentes a este esforzo de solidariedade. A inmigración converteuse no ámbito máis divisivo da política comunitaria e puxo ao descuberto as enormes fallas e a incoherencia do sistema europeo para lidar co fenómeno. Que os Gobernos nacionais volvesen botar por terra os plans da Comisión para aliviar a situación de Italia e Grecia mostra ata que punto son inexistentes as perspectivas de europeizar a política migratoria. Dende o extremo non á acollida formulado por Austria e Hungría, ata as reticencias dos países bálticos e do Leste, todos encontraron argumentos, económicos na súa maioría, para eludir o compromiso. Tamén España, onde, a diferenza doutros membros da UE, nin a cuestión migratoria nin a crise dos refuxiados forman parte da batalla electoral.

 

A cicatería europea lanza unha mensaxe demoledora ao resto do mundo. É certo que a escala da inmigración a que fai fronte a UE ten enormes proporcións, a ton coas causas que a impulsan nos países veciños. Pero máis alá dos quebrantos impostos á cultura do benestar pola crise económica, máis alá do xiro na política de acollida impulsado por partidos populistas ou xenófobos presentes nalgúns dos seus Gobernos, Europa fixera da súa solidariedade e tolerancia no asilo de perseguidos un dos seus estandartes.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas