GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A EMIGRACIÓN GALEGA

(22/07/2015)

A EMIGRACIÓN GALEGA



El Ideal Gallego  J. M. Fernández Caamaño |




Redacción | Actualizado 22 Xullo 2015 -



A emigración dos galegos cara a outras latitudes dá inicio en tempos afastados, quizais sexa un dos primeiros reinos de España nos que se fixo máis patente este fenómeno. O que non é óbice de que outros reinos non tivesen feito o mesmo camiño e tamén á inversa, que emigraron das súas terras a Galicia. Os primeiros galegos marchan á colonización de América no século XVIII, sendo no XIX e o XX un continuo fluxo de fillos de Galicia que se asentan nas terras americanas, principalmente Arxentina, Uruguai e Cuba, aínda que houbo outros que elixiron outros países, nos que tiveron as súas descendencias e alí quedaron. Outra moita xente foránea de Galicia que se asenta neste territorio tamén rematará por emigrar ao novo continente. A chamada da prosperidade das novas terras facíalles un aceno e tamén se foron, cando Galicia languidecía dun pasado próspero e dun futuro incerto.

O certo é que os galegos residentes en Galicia están en descenso, mentres que os establecidos lonxe dela non deixan de crecer, de modo que os novos emigrantes e o acceso á nacionalidade española dos descendentes propiciaron que a colonia galega ascenda case aos 500.000 residentes no exterior, véndose incrementada nos últimos anos en case outros 108.000, ata alcanzar a cifra antes indicada e dos cales preto de 158.150 son nacidos en Galicia, o que representa o 19% da poboación galega.

Se ata os anos 50 do século XX a emigración saía en dirección aos portos americanos, a partir de 1960 os que saen de Galicia, fano maioritariamente cara os países europeos. Malia o tempo transcorrido a emigración de Galicia segue sendo un problema diario e unha fonte de seguridade para moitos dos que asumen que non queda outra alternativa de cara ao seu futuro económico e social. Do total dos emigrantes galegos que viven no exterior, case 299.300 están en plena vida laboral e a repartición de todos os emigrados vén a ser; no Continente Americano 386.400 galegos, en Europa, hai outros 104.000, en Oceanía, suman 1.800, en Asia, están 1.100 e finalmente en África hai desprazados outros 950.

Galicia para que non se despoboe máis aínda, necesita con urxencia plans sólidos de futuro para as xeracións novas, onde iniciar a súa vida con garantía de prosperidade e esperanza, pola contra o país galego terá un serio problema á volta duns poucos anos debido a que os seus recursos humanos se esgotaron e os residentes non poderán afrontar reto ningún.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas