GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social en Galicia gañou en xuño 87 afiliados estranxeiros, ata os 29.436

(21/07/2015)

A Seguridade Social en Galicia gañou en xuño 87 afiliados estranxeiros, ata os 29.436



Redacción | martes, 21 de xullo de 2015,


O número de estranxeiros afiliados á Seguridade Social en Galicia situouse en xuño en 29.436, o que supón un incremento interanual de 87 (un 0,30%), segundo os datos que publicou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.




Igualmente, con respecto ao mes anterior, maio deste ano, rexistráronse 365 afiliados estranxeiros máis na Seguridade Social en Galicia, o que se traduce tamén nun incremento do 1,26 por cento.


Por provincias, os afiliados estranxeiros distribúense en 10.466 na Coruña; 4.515 en Lugo; 3.991 en Ourense, e 10.463 en Pontevedra.


Do total dos afiliados estranxeiros en Galicia, 13.012 proceden da Unión Europea --a maioría de Portugal (6.931), Romanía (2.530) e Italia (1.053)-- e o resto, 16.424, doutros países extracomunitarios - -1.792 proceden de Brasil, 1.659, de Marrocos, e 1.461, de China--.


Por sectores de actividade, a maioría de afiliados estranxeiros en Galicia está ligado ao Réxime Xeral (22.827) e outros 5.386 exercen como autónomos. Ao réxime do mar na comunidade galega están afiliados un total de 1.223 estranxeiros.




DATOS ESTATAIS



No conxunto estatal, a Seguridade Social gañou 4.882 cotizantes estranxeiros en xuño, un 0,29% máis en relación ao mes anterior, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.668.099 ocupados.


Co repunte de xuño, a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social encadea cinco meses consecutivos á alza.

 

 

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o mes pasado, 1.404.809 cotizaban ao Réxime Xeral; 258.442 ao de Autónomos; 4.589 ao do Mar, e 258 ao do Carbón.

 

 

En termos interanuais (xuño de 2015 sobre o mesmo mes de 2014), a afiliación de estranxeiros incrementouse en 58.421 cotizantes, un 3,6%, rexistrándose así o primeiro repunte interanual da afiliación estranxeira dende 2008.

En xuño de 2015 case os réximes gañaron afiliados estranxeiros en relación ao mes anterior, especialmente o Réxime do Mar, que elevou a cifra de cotizantes estranxeiros un 5%, e o de Autónomos (+1,46%). O Xeneral incrementou un 0,07% o número de afiliados inmigrantes, mentres que o Carbón perdeu un 3,8%.


ROMANESES, OS MÁIS NUMEROSOS


Do conxunto de inmigrantes afiliados á Seguridade Social ao peche do mes pasado, un total de 974.371 procedían de países non comunitarios e o resto (693.728) proviñan de países membros da UE.


Dentro dos países non comunitarios, 202.992 eran de nacionalidade marroquí e 93.612 de nacionalidade chinesa. Ecuador totalizaba ao peche de xuño 72.190 traballadores cotizantes, seguido de Bolivia, que conta con 58.077 cotizantes.


O resto de afiliados non comunitarios repártense entre Colombia (54.532), Ucraína (38.342), Paraguai (33.799), Perú (32.311), Arxentina (30.051) e Paquistán (28.413).


Pola súa banda, dos que proceden da UE, romaneses, italianos e británicos son os máis numerosos, con 298.424, 75.746 e 58.816 cotizantes, respectivamente. Séguenlles búlgaros e portugueses, con 54.619 e 41.720, e franceses e alemáns, con 39.505 e 39.495 afiliados.


CATALUÑA E MADRID CONCENTRAN O 43,3% DOS ESTRANXEIROS


Por comunidades autónomas, Cataluña e Madrid seguiron concentrando algo máis de catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social ao peche de xuño, ao sumar entre ambas as dúas o 43,3% do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 386.005 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 336.027.


Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 198.725 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 172.217 ocupados, e Baleares, con 90.391 cotizantes.


As comunidades con menor presenza de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar xuño foron Extremadura, con 12.684 estranxeiros, e Cantabria, con 10.088, ademais das cidades autónomas de Melilla (4.301) e Ceuta (2.546).

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas