GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Francisco Lores negocia con Feijóo a fórmula para blindar o patrimonio cultural galego en Arxentina

(13/07/2015)

 

Francisco Lores negocia con Feijóo a fórmula para blindar o patrimonio cultural galego en Arxentina

 

Redacción, Vigo | 11 Xullo 2015 - Crónicas da Emigración



Alberto Núñez Feijóo, Francisco Lores y Antonio Rodríguez Miranda, durante la reunión.

Alberto Núñez Feijóo, Francisco Lores e Antonio Rodríguez Miranda, durante a reunión.

 

 

O presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina e director do MEGA (Museo da Emigración Galega), Francisco Lores, reuniuse este venres co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen expresou o seu desexo de traballar de xeito conxunto para alcanzar unha fórmula que permita blindar o patrimonio cultural galego que se encontra no país austral. Á reunión asistiu o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Na actualidade, existe en Arxentina "un patrimonio histórico incalculable", obra dos intelectuais galegos que, principalmente, durante o século XX, residiron no país por razóns políticas e que é bo que se manteña e se coide na propia Arxentina, segundo
Lores, xa que, pola contra, "que lle diriamos aos nosos netos, que os galegos só eran porteiros... ".

O presidente da Federación móstrase contrario a que ese patrimonio sexa trasladado a Galicia, como se pretende dende algúns organismos que eludiu nomear, e é por iso que pide a colaboración do presidente da
Xunta, co fin de que se poida chegar a unha fórmula que permita obter o financiamento suficiente para manter o legado a bo recado. Porque, "o importante é que non haxa ninguén que poida dispoñer dese capital", apostilou.

Feijóo mostrouse disposto a colaborar co director do MEGA, quen insiste na importancia de recibir asesoramento axeitado para que a fórmula a empregar sexa a axeitada.

Lores asegura que o patrimonio destes intelectuais inclúe, entre outros valores, escritos de ilustres galegos como Castelao e cadros de Luis Seoane e do propio Castelao que están actualmente no Museo e no Centro Galego, pero para os que hai que observar mellores medidas de protección e evitar que algúns  os poidan levar a outro lugar.

Así mesmo, o presidente da Federación de Sociedades Galegas en Arxentina móstrase partidario de concienciar a nova xuventude de que a Federación é un organismo que naceu cunha finalidade baseada nos principios que figuran nos seus estatutos e non coa intención de "gañar diñeiro".

 

 

Premio do 'Pen Club Internacional'

Na actualidade, existen "dez millóns de galego-arxentinos", o que constitúe a "colectividade do exterior máis grande do país", confirma Lores, quen o próximo día 18 de xullo recibirá en Ourense o premio que lle concede o 'Pen Club Internacional' pola súa loita en defensa dos dereitos humanos, en xeral, e dos emigrantes galegos, en particular.

Ao acto, que se celebrará no
Carballiño, está previsto que asistan representantes da vida cultural e intelectual de Galicia.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas