GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xosé Neira Vilas publica "Semente galega en América", unha obra sobre as asociacións emigrantes

(10/07/2015)

Xosé Neira Vilas publica "Semente galega en América", unha obra sobre as asociacións emigrantes





El escritor gallego Xosé Neira Vilas.

O escritor galego Xosé Neira Vilas.



A Rexión Internacional 10/07/2015

 

O escritor galego Xosé Neira Vilas conta no seu novo libro, "Semente galega en América" (Bolanda), as grandes historias da emigración galega no continente americano e faino a través dos seus proxectos e iniciativas que, aínda hoxe, perviven nas sociedades dun e outro lado do atlántico.

O prolífico escritor subliñou que "é moito" o legado dos homes e mulleres da emigración, que en moitas ocasións sen estudos nin posibles económicos, lograron crear un proxecto e deixar a súa pegada en América, pero tamén nas súas localidades de orixe, como se evidencia polo gran número de escolas ou outras instalacións que financiou este colectivo en Galicia.

Neira Vilas
volve con esta obra "en plena forma", tras unha operación que o mantivo hospitalizado temporalmente, para regalar un novo título aos seus fieis lectores, un autor "monolingüe" e fiel ao idioma galego na totalidade da súa obra, porque tal e como sinalou en anteriores ocasións, este célebre galego "escribe, porque escribe en galego".

Nun acto marcado polas afectuosas palabras de amigos e insignes figuras do mundo cultural da Comunidade, destacou tamén a maxia da data seleccionada, pois o 9 de xullo dá nome a unha das rúas máis célebres de Bos Aires nas que o escritor paseou en numerosas ocasións e, hai exactamente un ano, o autor de Gres (Vila de Cruces) publicou outro dos seus libros, a crónica da súa fecunda amizade con Díaz Pardo, tamén de editorial Bolanda
.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo apoiar a este ilustre da cultura galega coa súa presenza e destacou durante a súa intervención a enerxía do escritor, unha especie de "fábrica de vitalidade", cargado de "coraxe, motivación e, sobre todo, memoria", sinalou.

 

 

Cen relatos curtos

Esta "Semente galega en América" é un libro de doada lectura cunha maquetación limpa e un deseño axeitado que comungan á perfección co seu contido, cen relatos curtos sobre galegos en América, de emprendedores e pioneiros, e en definitiva de sementes, tal e como recolle acertadamente o seu título.

Dotado dunha "memoria prodixiosa" e a habilidade de narrar calquera tipo de contidos, curtos ou extensos, Neira Vilas é capaz de crear "auténticas pezas de ourivaría" pola súa "pulcritude e claridade", tal e como reflectiu o profesor e secretario da Real Academia Galega (RAG), Xosé Henrique Monteagudo Romero.

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, recalcou o valor das obras de Neira Vilas, pois "son de fiar", xa que acode sempre a recordos e é, polo tanto, "un home memorioso, pero non fantasioso", dotado ademais de "unha gran disciplina mental e literaria".

Para Villares este libro é, polo tanto, "unha guía", a través da cal coñecer "a pegada de Galicia en América", e viceversa.

No acto tamén estiveron presentes outras autoridades como o secretario xeral de política lingüística, Valentín García, ou o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, así como outros rostros coñecidos do panorama cultural galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas