GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Es galego, tes entre 16 e 25 anos e queres realizar prácticas laborais por Europa?

(06/07/2015)

Es galego, tes entre 16 e 25 anos e queres realizar prácticas laborais por Europa?




El plazo de solicitudes de ayudas para participar en el proceso "Galeuropa" está abierto hasta el 15 de julio.
O prazo de solicitudes de axudas para participar no proceso "Galeuropa
" está aberto ata o 15 de xullo.



I.B
. 03/07/2015


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Trabajo e Benestar celebrou en Santiago unha xornada informativa sobre o programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa
, dotado con preto dun millón de euros e enmarcado dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

O prazo de solicitudes de axudas está aberto ata o 15 de xullo e poden presentar o seu proxecto de mobilidade os mozos e rapazas directamente, as entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no campo da xuventude; e concellos, agrupacións ou mancomunidades de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios.

Os participantes serán mozos que teñan máis de 16 anos e menos de 25. Estas persoas deberán estar inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito de Galicia e acreditar previamente o cumprimento dos requisitos de acceso.

 

 

A finalidade do programa é reforzar a empleabilidade e as competencias profesionais de mozos non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

A duración das prácticas formativas será de dous meses consecutivos, no caso de axudas individuais a mozos; e máximo de tres meses consecutivos para axudas a proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro e por entidades locais ou agrupacións de entidades locais. As prácticas deberán realizarse como máximo ata o 30 de novembro.

As prácticas formativas non retribuídas poderán realizarse en calquera empresa ou entidade pública ou persoal dos seguintes países: Lituania, Hungría, Letonia, Estonia, Turquía, R. Checa, Croacia, Eslovenia, Bulgaria, Romanía, Portugal, Eslovaquia, Malta, Grecia, Bélxica, Luxemburgo, Chipre, Alemaña, Austria, P. Baixos, Italia, Polonia, Francia, Islandia, Suecia, Finlandia, Liechtenstein, Irlanda, Reino Unido, Dinamarca e Noruega. O período de duración das prácticas abarca, dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG
ata o 30 de novembro como máximo.

A contía da axuda por beneficiario estará en función do país de realización da práctica formativa e en función da duración desta. O importe da axuda total incluirá un apoio para os gastos de aloxamento e mantemento, sociolingüístico, para a viaxe e para gastos excepcionais. E para os proxectos de mobilidade promovidos polos concellos e entidades sen ánimo de lucro prevese unha axuda para os aspectos organizativos, á execución do proxecto e ás necesidades especiais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas