GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O departamento de Emigración do BNG iniciou un programa de asembleas no exterior

(06/07/2015)

O departamento de Emigración do BNG iniciou un programa de asembleas no exterior


Redacción, Santiago
| 05 Xullo 2015 -



O departamento de Emigración do BNG
iniciou un programa de asembleas no exterior "co fin de recoller toda a potencialidade que ten Galicia, de persoas sen ningún tipo de afiliación e colectivos sociais, ademais das formacións políticas", segundo explican dende a formación nacionalista.

Así, o BNG celebrará ata o venres 10 de xullo unha ducia de asembleas arredor do mundo para que a emigración "sexa parte con voz e voto da conformación dunha gran candidatura nacional galega de unidade", explica o BNG
.

Este proceso, que se abría este domingo en Chile, nunha reunión no Paseo Bulnes, en fronte do Pazo da Moeda, ás 17:00 horas, terá como obxectivo o debate sobre unha candidatura que, segundo explica o BNG
, "defenda os intereses do noso país e das aspiracións democráticas como o dereito a decidir e a soberanía".

Os resultados deste proceso arredor do mundo sumaranse aos das asembleas comarcais do país, "tomando colectivamente unha decisión definitiva, democrática, asemblearia e colectiva".

O programa de asembleas é o seguinte:

Domingo 5:

Santiago de Chile e Mendoza
(Arxentina).

Luns 6:

Valencia (Rei de Canas, Pr
. Armada Española), ás 21:30 horas.

Mércores 8:

Praga (Café-pub Athmosphere), ás 20:00 h
.

Xoves 9:

Londres (Holiday Inn Kensington-Forum, 97 Cromwell, RD), ás 19:00 h
.

Barakaldo (Centro Galego, Galiza Kalea, 3), ás 19:30 h
.

Lima (Bar Patagonia, rúa Bolívar 164, Miraflores), ás 19:30 h
.

Venres 10:

Laval (Taberna O'regans, 48 rue du Pont de Mayenne), ás 14:00 h
.

Andorra (Bar Conte, Avda. Fiter i Rossell, 75, Escaldes-Engordany), ás 15:30 h
.

Caracas (Irmandade Galega, Avda. Augusto César Sandino), ás 17:00 h
.

Barcelona (Praza do Espai Jove, Grande de Grácia 190), ás 18:30 h
.

Madrid (Lavapiés), ás 19:00 h
.

Tenerife (Vestíbulo da Sala Timanfaya, o Porto da Cruz), ás 20:00 h.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas